Páxinas

29/12/14

ENCONTRO CO ARTISTA MANOLO RUIBAL

     O venres 12 de decembro @s compañeir@s de 5º e 6º tivemos o privilexio de celebrar na biblioteca do colexio un encontro co artista de Barro Manuel Ruibal, máis coñecido como Manolo Ruibal. É a segunda vez que visita o colexio; a primeira foi, nada máis e nada menos, que hai 15 anos. ¡Mi madriña! Aínda non nacera ningún d@s alumn@s do centro, e as profes tiñan que ser moi novas . . . 


     Nun primeiro momento, partindo das imaxes proxectadas no seu Dvd Pura Pintura 1963/2000, explicounos en primeira persoa retazos da súa vida:


  • A casa de Monllo onde se criou.
  • Os seus baños na Barosa, que aínda goza deles cando pode.
  • A antiga cárcere de Pontevedra onde naceu, pois a súa nai traía de Pontevedra aceite, azucre. . . e levaba patacas, ovos . . . Pero iso estaba prohibido daquela e multárona: Chamábanlle estraperlo. Tiña que pagar 3000 pesetas ou pasar 100 días en cadea. Alí naceu o artista.

  • Os grupos de velliñas a carboncillo, que representaban os grupos de mulleres que se forman nos mercados para comprar e vender.
  • A escola onde estudou: Un mestre para todos os nenos e só nenos.
  • O cine de Carballal.
  • Un autorretrato seu de cando tiña 20 ou 21 anos. Empezou a pintar con 12 anos, pero soamente conserva obras dende os 20 anos para acá. Como tocoulle vivir unha infancia de escasez, pintaba co que tiña a man: papel de estraza no que envolvían os alimentos nas tendas e co carbón da lareira que afiaba coidadosamente.
  • O almanaque que veu de neno na farmacia de Porráns con imaxes de cadros de Van Gogh, Cezanne, Monet . . . A todo color ! Quedou impresionadísimo, pois naquela altura no colexio os libros eran en blanco e negro.
  • A estación de A Portela, onde colleu o tren para Madrid con 17 anos. Alí visitou moitas veces o Museo do Prado. Cando se lle acabaron os cartos, pasou dous meses durmindo na rúa, pero non voltou porque quería cumprir o seu soño de ser pintor. E tivo sorte porque o porteiro do Museo do Prado deixáballe pasar gratis.
  • Coa súa nai: Manolo Ruibal tiña meses e ela, que se chamaba Preciosa, 25 anos. Está enterrada en Barro.
  • Exposicións con cadros de todas as épocas. Un deles está na entrada do IES de Barro.
          Logo contestou dun xeito amable e moi cercano a todas as preguntas que lle fixemos:


  • Fixeches retratos?
         Si, a xente de cerca de aquí, alá nos primeiros tempos.
  • Botas de menos Barro e os tempos de antes?
     Os tempos de antes eran máis duros: os rapaces ían coas vacas, axudaban no campo . . . e a Barro veño moito.
  • Estás traballando nalgunha obra nova?
         Si, aínda traballei onte ata as 7 da mañá.
  • Cando empezaches coas pedras?
      Eu, antes, facía esculturas, pero poucas. Un día vin un palista levantando unha pedra enorme (como de 12 m de alto e 1,5 ou 2 m de ancho) e, ao vela, dixen: "Vou pintar esa pedra".
  • Fixeches moitas exposicións fóra de España?
       Si, moitas. Ao comezo non quería facer ata ver que a miña obra valía. Expusen en New York, Bos Aires, Lisboa . . .


  • En que te inspiras para as esculturas de pedra?
      Vendo pedras moi grandes ás que quería trasladar a pintura. Máis que esculturas son pinturas en pedra.
  • Apoioute alguén na túa carreira?
       Pois si. . . sempre hai alguén. . . Unha das persoas que me apoiou foi a sobriña de Amor Ruibal, do que leva o nome este colexio.
  • De que cadro estás máis satisfeito?
         Boa pregunta. De varios, pero non podo dicir neste momento ningún en exclusiva.
  • Que fixo despegar a túa carreira?
     O feito de que en Madrid, nunha exposición colectiva, a un crítico gustoulle moito a miña obra.


  • Por que cambias de estilo?
      Os artistas, se teñen imaxinación, van cambiando. É un proceso evolutivo. Os que non cambian, non sei como non se aburren.
  • Que materiais utilizas para pintar?
        Óleo, acuarela, pastel, tinta china . . . e agora tamén témpera. Para o aire libre hai que utilizar outro tipo de materiais para que as pezas non se deterioren.
  • Que queres expresar coa túa arte?
        O que se me vaia ocurrindo. Este cadro, por exemplo, son chemineas de Queens; chemineas moi moi altas de ladrillo. Gustáronme e pinteinas. Se vexo por exemplo unha galiña que está poñendo un ovo e me gusta, pois píntoa.


  • Que che inspiraron os pintores franceses?
          Eu era moi novo e moi clásico, e daquela impresionáronme moito. Con 23 anos fun a París en auto-stop e procurei aprender todo canto puiden.
  • Que che impresionou de Matisse?
         O color. Impresionoume moito o color.
  • Como é ser famoso?
         Eu non son famoso. Sono na miña casa á hora de comer. Din na casa: "Aí ven Manolo".
  • Cantas obras fixeches?
         En total, cadros, uns 2000 e pico; esculturas, sobre 100; e debuxos . . . Buf ! ! !
     Pero vexo que vós tamén facedes moitas obras. Que cousas máis bonitas! (GRAZAS)


  • E esa idea de esculturas monumentais, cando empezou?
         Despois de visitar New York, e ao ver aquela pedra tan grande aquí, en Caldas. Ocorréuseme pintala. Xa fixera antes escultura en bronce, pero pequenas.
  • Pensa publicar algún libro de poesía?
     Si. Teño 3 de poesía, 1 de aforismos e 1 de contos. Algún día publicareinos.
  • Que cadro che resultou máis difícil?
          Debeu ser un co que botei 11 días, creo.
  • Por que ao comezo usaba tonos azuis e negros?
        Pois non sei, quizais por sensibilidade. O marrón, por exemplo, non me gusta. O amarelo, si. Aínda que todos son bonitos.


  • Rompiches moito?
          Si ! ! ! Moito, moito. O que non che gusta, haino que romper.
  • En cantos museos hai cadros teus?
         Hai en Uruguay, Venezuela, Lisboa, Madrid, Pontevedra . . . En 8 ou 10 ou 12 . . . 
  • Houbo alguén que non che deixaba pintar?
        A miña nai non quería, pero facíao polo meu ben. Ela pensaba que sendo pintor morrería coa fame. E o meu mestre dicía que había que estudar moito e facerse un home de proveito para o día de mañá. Pensábase entón que o máis importante eran as matemáticas, pero a mi dábanseme fatal.
  • Tes algunha filla pintora?
     Non. Unha é mestra, outra maquetadora e outra economista. A esa si que lle gustan as matemáticas.


     Ao final do encontro, Manolo Ruibal aceptou a invitación das profesoras e debuxounos un pato "ruibalesco". Fíxoo coa man esquerda, porque é ambidestro. Quedamos abraiados ! Debuxouno nun plis plas !
     Moitísimas grazas pola túa visita ! Desexamos que sigas creando máis e máis obras.

     FELICES FESTAS E FELIZ ANINOVO !
  


"El dibujo creó el perfil del mundo" (MANUEL RUIBAL)

INVESTIGAMOS A OBRA DE MANOLO RUIBAL

     No mes de novembro, @s alumn@s do 3º ciclo investigamos sobre a vida e a obra do xenial artista da nosa terra MANOLO RUIBAL. Buceamos en internet pero, sobre todo, no material que el mesmo cedeu xenerosamente para a biblioteca do colexio ao aceptar a invitación que lle fixemos para que nos visitase en decembro. O material consiste nos seguintes libros e Dvd´s:

      Libros:
  • Trazos de una historia
  • Um processo de depuraÇao
  • Pura Pintura 1963/2009
  • Campo de estrelas
     Dvd´s:
  • Pura Pintura 1963/2009
  • El rastro de la luz
  • La fauna en la obra de Ruibal
     
     Logo de estudar as súas etapas, @s alumn@s de 6º fixámonos nos seus óleos que levan por título El bosque iluminado La Lanzada e escribimos o que nos suxerían:


EL BOSQUE ILUMINADO (1966)

Percibo un olor refrescante a sueño de primavera que provoca cosquillas en la nariz.
Aroma fragante de hojas tiernas machacadas.
Aroma concentrado de invernadero, sofocante por sus diferencias. Marearía en recinto cerrado, sin ventilación.
Olor dulzón como manzana de caramelo, que te lleva a los días de fiesta.
Embriagador, por la mezcla; tienda de fragancias penetrantes.
Hay un perfume penetrante a lavanda, mar violeta que difumina malos pensamientos.
Estimula los sentidos. Provoca hormigueo en la piel, deseos de reír.
Tendría sabor a revuelto de setas: concentrado de musgo y humedad.
También sabor afrutado a macedonia: acidez, dulzor, amargo, a pomelo verde… jugoso.
Apetitoso. A frutos secos.



LA LANZADA (1975)

Escoito o son atronador das ondas batendo contra as rochas. Son lategazos do mar, palmadas de xigante.
O eco das ondas ao lonxe, como pelexando entre elas, é impactante. Semella tronos nas noites de inverno.
Hai estrondo de batalla entre a terra e o mar. Fan sentir medo por quen poida estar en perigo.
O deus Eolo está enfadado.
Mais cerca da praia, asubía o vento que empuxa a auga ata a beira e fai voar areas con son susurrante. É música suave. O deus Eolo cántalle unha nana á terra.
Toco as pedras duras, ásperas, rugosas e punzantes, nais protectoras de mexillóns e pólipos pegados a elas.
Hai algas viscosas, cadeas tolas, como serpes xelatinosas, desorientadas, que amarran como cordas pegañentas.
Salfírenme as pingas de auga fría, salgada.
Prodúcenme calafríos, repelús. Sorpresa húmida, “jacuzzi” xigante de escuma masaxeadora.
Envólveme un aire xélido como manta de xiada.


                            Tamén pintamos os nosos bosques e outros cadros:





     E tod@s @s chic@s de 5º e 6º despregamos a nosa creatividade pintando pedras e modelando arxila. Foi unha experiencia marabillosa e quedamos moi satisfeit@s co resultado:









16/12/14

USA EL COCO

     Cuanto más usamos el coco, mejor funciona. Pica en la imagen y accederás a cientos de actividades: razonamiento, problemas, números, cálculo, adivinanzas, acertijos . . .
     ¡ ¡ ¡ A practicar de una forma divertida ! ! ! 

http://www.usaelcoco.com/

09/12/14

CIENCIA E MÚSICA

     Videoclip no que se amosa a beleza da relación física entre o son e os obxectos, utilizando técnicas visuais como gravacións sincronizadas, cámaras lentas . . .

 

05/12/14

OK Go

     Espectacular videoclip do grupo de rock alternativo OK Go.
     ¡¡¡ A gozalo !!!

01/12/14

CLASES DE NOMBRES

     Juega y descubre la diferencia entre las distintas clases de nombres:

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/4EP_leng_ud4_ai01_cas/frame_prim.swf

FRASES HECHAS

     Una frase hecha es una frase de uso común que se utiliza como proverbio o con sentido figurado y forma inalterable. Por ejemplo:
  • Nunca segundas partes fueron buenas.
  • Como anillo al dedo.
     Encuentra el significado de las siguientes frases hechas:

http://www.xtec.cat/~jgenover/locucion1.htm
 

PALABRAS POLISÉMICAS

    Las palabras polisémicas son las que tienen varios significados.
    Seguro que sabes la respuesta correcta a todas las siguientes preguntas:

http://www.xtec.cat/~jgenover/polisemia1.htm