Amosando publicacións coa etiqueta COÑECEMENTO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COÑECEMENTO. Amosar todas as publicacións

23/02/16

ÓSOS E MÚSCULOS DO CORPO HUMANO

Ola a tod@s!

Estes días o alumnado de 5º curso estamos aprendendo os ósos e os músculos do corpo humano.

Se queredes repasar un pouco para o exame,  premede nos seguintes enlaces:

Quen se anima?

ÓSOS DO ESQUELETO I












MÚSCULOS DO CORPO HUMANO I













MÚSCULOS DO CORPO HUMANO II


09/06/14

A MÚSICA DO CEREBRO

Investigadores converteron a actividade mental en música e o seu son aseméllase dun xeito incrible a unha improvisación de jazz co piano:


O SON DOS ESBIRROS

O son que emitimos cos esbirros é cultural: cada país ten o seu. Tan cultural como innecesario, pois de feito @s xord@s esbirran silenciosamente.



INTERNET EN TEMPO REAL

Neste sitio podemos ver a cantidade de información que se move en Internet no mesmo momento en que nos conectamos.
Este exceso de información da lugar á "infoxicación" que podemos evitar analizando e seleccionando ben a información que nos interese.

http://pennystocks.la/internet-in-real-time/

DESCUBRIMENTO DUN NOVO PLANETA

O caza-planetas HARPSN situado na Palma (Illas Canarias) atopou un novo planeta extrasolar que os científicos pensaban que no podía existir:

http://www.microsiervos.com/archivo/ciencia/kepler-10c-planeta-extrasolar-similar-tierra-17-veces-mas-pesado.html

05/05/14

HORTA ESCOLAR

O noso centro participa este ano no programa Voz Natura co proxecto "Horta escolar". Así que @s nos@s alumn@s, ben equipados con botas e ferramentas, puxéronse mans á obra e plantaron cítricos dos que esperamos obter limas, kumquats, limóns, pomelos, laranxas e tanxerinas.
Mmmm! Que menú máis refrescante para as nosas merendas!
Bo traballo chic@s!












04/02/14

ORDENADOR-ROBOT

Este ordenador-robot corrixe a postura da persoa que está utilizando o ordenador e "riñe" se está mal sentada:

 

OÍDO ABSOLUTO

Derek Paravicini naceu prematuramente aos 3 meses e medio; é cego, autista e posúe unha cualidade excepcional: OÍDO ABSOLUTO

 

10/01/14

AS CATARATAS DO NIÁGARA CONXELADAS

Que alucinante!!

http://www.lavanguardia.com/vida/20140109/54397934025/vortice-polar-congela-cataratas-niagara.html


OBTER PETRÓLEO DAS ALGAS

O petróleo é o resultado da descomposición da materia orgánica que está baixo terra. É un proceso que leva millóns de anos. Pero uns enxeñeiros descubriron a maneira de obter o petróleo en laboratorio en menos dunha hora!!

http://www.microsiervos.com/archivo/ciencia/proceso-convierte-algas-petroleo-crudo-una-hora.html

MAGNETISMO E CANS

Curiosísimo: Últimas investigacións corroboran a alineación dos cans segundo o magnetismo da terra á hora de facer as súas necesidades:

http://wtf.microsiervos.com/mundoreal/perros-magnetismo.html

VISITAS