Amosando publicacións coa etiqueta NADAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NADAL. Amosar todas as publicacións

18/12/21

UN POBO TÍPICO DO NADAL

Dentro do proxecto "As familias contan", nas titorías de 6º curso solicitamos a colaboración das familias e do alumnado para decorar o corredor das nosas aulas neste tempo de Nadal.

Propuxémoslles que construísen diversas casas ou outros obxectos decorativos típicos dunha vila nestas datas navideñas.

A única condición que debían cumprir era que estivesen realizados con cartóns de leite baleiros. 

A resposta e participación das familias e alumnado foi masiva. Sirvan estas fotos para mostrarvos as magníficas aportacións que recibimos.







Moitísimas grazas, alumnado e familias de 6º curso,

 pola vosa creatividade e colaboración!!!

Bo Nadal e Felices Festas!!!

22/12/20

Troncos de Nadal!

Para preparar a chegada do Nadal, os rapaces e rapazas de 6º curso estiveron recreando as súas dotes artísticas en toros de madeira. Pintaron imaxes moi variadas pero todas ben fermosas e con algún significado.

Fixemos un vídeo para que vexades os resultados!


    Bo Nadal e Feliz 2021!


Enredos de Nadal!

O alumnado de 5º e 6º de Primaria divertiuse con distintas actividades para festexar a chegada do Nadal.

Por un lado, traballamos a escritura creativa inventando unha historia da razón pola que Papá Noel non leva o traxe habitual.

Logo, fixemos o tradicional amigo invisible, coa condición de que non gastaran nada senón que puxeran en marcha a súa imaxinación, empregando materiais que tiveran pola casa.

Por último, fixeron a manualidade das árbores e regalos dos recordos e desexos.

       Esperamos que todos os vosos desexos se cumpran! 

Boas festas!         



 

21/12/19

O MELLOR AGASALLO DA MIÑA VIDA

Con motivo do Nadal, na aula de 5º de Primaria reflexionamos acerca do mellor agasallo que recibimos na nosa vida. Tras ler as nosas producións moi emocionados e emocionadas, concluímos que os mellores agasallos non son as cousas materiais e, de selo, é porque alguén especial (os nosos avós ou avoas, as nosas nais ou pais, mesmo veciños e veciñas da nosa parroquia) nolos fixeron.




Grazas a todas e todos por compartir algo tan especial!


BO NADAL!

21/12/16

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

     PARABÉNS @s gañador@s no Concurso de Postais de Nadal convocado polo Concello ! ! ! 



MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN ! ! !

FELICES FESTAS ! ! !

Máis información no blog da nosa Biblioteca :



24/12/15

23/12/13

BOAS FESTAS!!

No blogue da Biblioteca publicouse un video no que se amosan as postais gañadoras do concurso convocado este Nadal:

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2013/12/feliz-2014.html

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2014!!


VISITAS