19/06/24
KANDINSKY OLÍMPICO
06/06/24
SALVAMENTO E SOCORRISMO II
O alumnado de 6º curso de Primaria realizou a segunda xornada de Salvamento e Socorrismo do programa XOGADE, esta vez xunto a cinco colexios máis, na praia fluvial do Lérez.
Moitísimas grazas!
28/05/24
SAÍDA DE FIN DE CURSO
O pasado xoves 23 de maio, as nenas e os nenos foron de excursión a Vigo para gozar dunha xornada de convivencia. A primeira parada foi "Humor amarillo" onde tiveron que realizar distintas probas nas que o pasamos en grande.
09/05/24
NOVA SESIÓN DE SALVAMENTO E SOCORRISMO
O alumnado de 6º de Primaria visitou a piscina de Campolongo en Pontevedra na mañá de onte para disfrutar da segunda xornada de Salvamento e Socorrismo grazas ao Clube de Salvamento e Socorrismo de Pontevedra (SAPO) e ao Programa XOGADE.
Moitas grazas!
02/05/24
SALVAMENTO E SOCORRISMO
Este luns, día 29 o alumnado de 6º recibíu a primeira sesión de salvamento e socorrismo no noso centro, impartida polo Club SAPO de Pontevedra.
Moitísimas grazas!
29/04/24
AS MASCOTAS OLÍMPICAS
No trimestre pasado, o alumnado de 5º aprendeu moitísimo sobre os seres vivos. Co gallo do proxecto sobre os Xogos Olímpicos, aventurámonos a investigar e a recrear distintas mascotas olímpicas dos últimos anos... Escollemos a que máis nos gustaba e puxémonos mans á obra. Estes foron os resultados!!
23/04/24
DRAGÓNS 6
Onte, 22 de abril, o alumnado de 6º de Primaria, grazas ao Programa Xogade, desfrutou dunha xornada de Piragüismo-Dragóns no embalse do Pontillón do Castro xunto con outros centros.
13/04/24
PRACTICAMOS PIRAGÜISMO
Na soleada e calorosa mañá de onte, o alumnado de 5º de Primaria gozou da primeira xornada da actividade de Piragüismo-dragóns no Río Lérez.
Moitísimas grazas!
22/03/24
SEMANA DA PRENSA... OLÍMPICA!!!
A semana do 4 ao 8 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa. Durante esa semana, as nenas e os nenos de 5º convertéronse en auténticas e auténticos xornalistas e puxeron en práctica as súas dotes como entrevistadores/as e redactores/as! Para iso, analizamos as partes, resumimos e elaboramos noticias deportivas...
🏇🏃🏊 Pasámolo xenial! Viva a prensa! 🏀🎿🎾
21/03/24
21M: DÍA DA SÍNDROME DE DOWN
O 21 de marzo conmemoramos o día da Síndrome de Down, unha data na que aprendemos por que escolleron ese día, que unha síndrome non é unha enfermidade, senón unha condición de vida... Tamén, fixemos unha pequeniña trasnada intercambiando os calcetíns, o símbolo que dá visibilidade a este día.
Con esta efeméride démonos conta de todas as cousas boas que temos, que as diferenzas nos fan únicos/as e que, ao igual que as cousas máis belas da natureza, todos e todas somos moi especiais!
21/02/24
XOGADE INTERCENTROS EN PONTEVEDRA
Hoxe, máis de 250 rapaces e rapazas de 5º de Primaria de 7 colexios da zona de Pontevedra, xuntámonos para disfrutar xogando e aprendendo fóra das aulas.
O noso alumnado practicou: Baile moderno, Orientación, Loita Olímpica, Xogos Populares, Primeiros Auxilios e, ademais, coñeceron o taller móbil dun equipo de ciclismo de primeiro nivel.
18/12/23
XOGADE INTERCENTROS EN SALCEDO
O alumnado de 5º de Primaria pasou unha mañá xenial, repleta de xogos e convivencia, co alumnado do CEIP Cabanas - Salcedo. Esta actividade está enmarcada dentro do programa Xogade.
Graciñas por ser tan bos anfitrións!
23/11/23
EXPOSICIÓN DE "PICASSO PROTAGONISTA"
O xoves 23 de novembro, o alumnado de 5º e 6º gozou dunha marabillosa exposición que tiña como protagonista a vida e obra de Picasso vista desde a óptica de diferentes artistas.
Complementaron a exposición cun obradoiro no que recrearon, de formas moi variadas, o que para el@s son as guerras. Fixeron as ilustracións tan realistas que ata lle puxeron son co Scratux!
Aprendimos moitísimo e pasámolo xenial! 😊
15/11/23
XORNADA DEPORTIVA EN BARRO
O alumnado de 6º nivel de Primaria do noso centro recibiu a pasada semana a visita dos compañeiros e compañeiras de nivel do CEIP San Andrés de Xeve dentro das actividades programadas no Programa XOGADE. Reuníronse no Pavillón polideportivo para gozar todos e todas dunha completísima xornada de convivencia deportiva.
Ata pronto!!
31/10/23
SAMAÍN NO 3º CICLO
Un ano máis volve a data máis terrorífica do ano e os/as maiores do cole preparámonos para a ocasión! Ademais de sacar o noso mellor disfrace, decoramos as aulas e os corredores coas personaxes máis coñecidas do Samaín: bruxas, pantasmas, esqueletos, vampiros...
Aquí vos deixamos unha pequena mostra das nosas creacións. Animádesvos a velas?
🎃 Pasámolo de medo! 🎃
27/10/23
AS OLIMPÍADAS DAN MOITO XOGO EN 5º
As alumnas e os alumnos de 5º de Primaria están a tope co PDI (Proxecto Documental Integrado) deste curso: "As olimpíadas dan moito xogo".
Xa investigaron acerca da orixe dos xogos da Antigüidade e da Modernidade; tamén, dos continentes nos que tiveron lugar. Como non podía ser doutro xeito, o traballo por equipos fai que cheguemos máis lonxe!
Estamos a aprender moitísimo!
Pero isto só é o comezo da carreira!










.jpg)











.jpg)
.jpg)




.jpg)






.jpg)







