Amosando publicacións coa etiqueta RELACIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RELACIÓNS. Amosar todas as publicacións

29/06/22

VIAXE A CORTEGADA

As mozas e mozos de 6º de Primaria fixemos unha viaxe de fin de curso á illa de Cortegada, que está situada ao fondo da ría de Arousa, frente ao pobo de Carril. Cortegada é un dos grandes tesouros naturais das Rías Baixas, a máis pequena do Parque Nacional das Illas Atlánticas pero a que ten un dos bosques de laurisilva máis grandes de toda Europa. 

Para chegarmos a Cortegada, fomos en bus dende o colexio ata Carril. Alí, exploramos e investigamos na praia a pracer. Ao encher a marea, collemos unhas lanchas e, en menos que canta un galo, xa estabamos todos pisando a illa. Fixemos unha ruta guiada chulísima! Ademais de enterármonos dunha chea de cousas sobre a súa Historia, lendas e costumes, escoitamos o canto dun montón de paxariños diferentes, gozamos co recendo deste gran "bosque flotante" e ata puidemos bañármonos e todo. 

Unha viaxe inesquecíbel ! ! !


19/06/18

VISITAMOS O INSTITUTO

   Hoxe, as mozas e mozos de 6º fomos visitar o noso futuro centro: o IES, onde nos estaban esperando os compañeiros e compañeiras de 1º da ESO, que xa estudaron antes no noso colexio. 


   Eles saben ben como é o cambio á Secundaria e guiáronnos moi ben polas instalacións do instituto. Vimos aulas de música, matemáticas, informática, laboratorio, ... así como o patio e pavillón, entre outros espazos.


    Participamos un anaco nun xogo que facían na aula-materia de matemáticas e quedamos uns minutos compartindo o recreo coas futuras compañeiras e compañeiros.

  



     Foi toda unha experiencia!! Vémonos en setembro para unha nova etapa da nosa vida!!

Alumnado de 6º de Primaria. 

15/06/18

Cortegada: así foi.



VISITAMOS CORTEGADA

Data: 1 de xuño de 2018.
Destino: Illa de Cortegada.
Actividade: EXCURSIÓN FIN DE CURSOOOOOO!!

  Xa nos tardaba!. Chegou o día e alá fomos!. Saímos do cole a primeiriña hora e pronto chegamos á ría de Arousa: a Carril, porto do que partimos cara Cortegada (coordenadas 42º 37' 4.8'' N e 8º 47' 2.4'' O).
  Esta illa é a máis grande dun arquipélago enmarcado dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas, no que entrou o 13 de xuño 2002. Ten unha superficie de 2´5 km2 e dista 189m da costa. Antigamente chamaban o "Camiño do carro" a un paso que se facía por terra cando baixaba a marea e, por el, a xente chegaba camiñando ata o pobo. Din que aínda hoxe é por onde aproveitan pasar os xabaríns que baixan do monte para ir ata a illa alimentarse.
   Cortegada estivo habitada ata  1907, ano no que foi donada ao rei Alfonso XIII para facer unha residencia de verán, que non se chegou a construir e quedou como coto de caza privado do monarca.
   Tras varios procesos de expropiación, venta e plans varios para a illa, foi finalmente incluida dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas e así, espazo protexido. Hoxe é o maior bosque de laurisilva de Europa e unha das escasas illas verdes, polo que se gaña o nome de Bosque flotante.
   Fomos a Cortegada nunhas lanchas moi rápidas e unha vez alí puidemos ver as ruinas do pobo, dunha igrexa con cruceiro e escoitar moitos paxaros distintos.
   Camiñando polo seu bosque tamén atopamos algún resto de ósos de animal e unha árbore "comepedras", da que unha monitora nos contou a súa lenda.
   Merendamos, xogamos, paseamos, comemos e bañámonos ao longo da xornada. Houbo tempo para todo antes de ter que embarcar cara Carril e coller o autobús de volta ao colexio.
   Foi un gran día para rematar o curso e, os nenos e nenas de 6º, despedirnos do centro.

14/01/14

EXEMPLO DE MUTUALISMO

Relación de mutualismo entre os peixes pallaso e as anémonas de mar:


PLANTA PARÁSITA

Crecemento dos "cabelos de monte" a expensas das "ortigas" (coa técnica Time-Lapse):

 

CARNÍVOROS, HERBÍVOROS E OMNÍVOROS

CADENA ALIMENTICIA


RELACIÓNS ENTRE SERES VIVOS

Sociedades, colonias, canibalismo, mutualismo, comensalismo, depredación, parasitismo, competición...

MUTUALISMO, COMENSALISMO E PARASITISMO

RELACIÓNS ALIMENTARIAS NOS ECOSISTEMAS

VISITAS