Amosando publicacións coa etiqueta CORPO HUMANO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CORPO HUMANO. Amosar todas as publicacións

29/03/19

ESTUDAMOS OS APARATOS DO CORPO HUMANO QUE INTERVEÑEN NA NUTRICIÓN

Nas clases de Ciencias Naturais do 2º trimestre, as alumnas e alumnos de 6º de Primaria estudamos os aparatos do corpo humano que interveñen na nutrición.

Buscamos diferentes modelos en internet, planificamos o traballo a realizar e mans á obra...


Cada un dos grupos ocupouse dun aparato e preparou unha exposición que desenvolveu ante as demais compañeiras e compañeiros. Foi un traballo por equipos moi chulo!

Estes foron os resultados:


Canto aprendemos!

24/03/18

O LADO DIVERTIDO DAS CIENCIAS

Este curso os nenos e nenas de 5º de Primaria estamos a traballar as Ciencias dun xeito diferente.

Neste trimestre traballamos o corpo humano a través da elaboración duns lapbooks (libros de solapas) dos sentidos.



Para elo:
  • Recompilamos a información necesaria para saber cales son as partes de cada sentido.
  • Completamos un debuxo coas partes máis importantes.
  • Explicamos cal é o órgano do corpo que lle corresponde a cada sentido.
  • Investigamos sobre como o corpo recolle esa información do exterior e como o órgano do sentido a envía ao cerebro.

  • E, finalmente, cada un de nós elaborou un lapbook que recolle todo este traballo.

Tanto gusto lle collemos que, para completar o estudo do corpo humano, fixemos uns xogos dos ósos e músculos do corpo empregando etiquetas adhesivas que nos permiten aprender xogando cales son os ósos e músculos máis importantes.


ESTAMOS FEIT@S UNS E UNHAS ARTISTAS!!


06/03/18

MELLOR PREVIR QUE CURAR

      O día 27 de febreiro con Julia Búa Núñez, técnica en prevención de drogodependencias e coa cofinanciación da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, fixemos actividades sobre a prevención de malos hábitos como son as drogas: tabaco e alcol.

Vimos un vídeo sobre o malo que é fumar e que pode provocar enfermidades, como o cancro de pulmón.


O día 28 de febreiro, para rematar o obradoiro, fomos ao comedor e falamos sobre o alcol.

    Falamos sobre as bebidas malas e boas para o corpo. Logo fixemos cócteles sen alcol e invitamos ao alcalde e ao director a probar  os nosos cócteles. Un pracer Julia!!!    

                                             Alumnado de 6º.


                                                                             

09/06/14

O SON DOS ESBIRROS

O son que emitimos cos esbirros é cultural: cada país ten o seu. Tan cultural como innecesario, pois de feito @s xord@s esbirran silenciosamente.



VISITAS