Amosando publicacións coa etiqueta TERRAS DO UMIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TERRAS DO UMIA. Amosar todas as publicacións

14/05/18

FESTA DA LINGUA 2018

Producións Audiovisuais MIMI presenta o vídeo resumo da participación do alumnado de Infantil e Primaria do noso centro na Festa da Lingua 2018 celebrada en Portas, o venres 4 de maio, e organizada por `Terras do Umia´, Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.



Compartimos tamén o vídeo do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis:



11/05/18

PARTICIPAMOS NA FESTA DA LINGUA

O venres 4 de maio, as alumnas e alumnos de 6º asistimos á Festa da Lingua de Terras do Umia. Foi na Azucreira de Portas. Nós participamos no Sondoumia coa canción Tecendo Voces, a nosa homenaxe a María Victoria Moreno. Ademais, o noso compañeiro Héctor decidiu presentarse ao Contaumia.

Tamén nenas e nenos de Infantil (aula de 5 anos A) e de 2º B do noso colexio foron recoller os seus premios nas categorías de Microcreacións e Micropoemas B.1, respectivamente.

Foi unha festa súper chula con moita xente e moitas actuacións: cancións, monólogos, lecturas, entrega de diplomas e agasallos. . . E todo para festexar a lingua galega e, como non, a María Victoria Moreno, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Foi moi emocionante actuar ante tanta xente ! 
Aplaudíronnos moito e nós aplaudimos moito tamén !

No blog de MIMI atoparedes máis información:

https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2018/05/ix-festa-da-lingua.html

Aquí vos deixamos unhas imaxes de nós no escenario:









29/03/18

DÍA DA POESÍA

As alumnas e os alumnos de 5º e 6º recitamos no Día da Poesía os Micropoemas que creamos para participar no concurso convocado pola Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia".


Un recital sensacional !


Micropoemas de 5º:


Micropoemas de 6º:


10/05/17

TERRAS DO UMIA ENTREGA O PREMIO "LINGUMIA 2017" AO CANAL RÍAS BAIXAS

     Na Festa da Lingua celebrada en Portas, a Coordinadora Terras do Umia entregou o premio "LINGUMIA 2017" ao canal Rías Baixas polo seu compromiso coa lingua galega. 

     Ao través do seguinte enlace podedes acceder a unha reportaxe sobre esta noticia en particular e sobre a Festa en xeral, na que o alumnado do noso Concello ten un especial protagonismo:




ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO TERRAS DO UMIA

     En Barro estamos de NORABOA!

    O pasado venres, 5 de maio, alumnado do CEIP Amor Ruibal e do IES de Barro acudiu á Azucreira de Portas para participar na Festa da Lingua 2017 organizada por Terras do Umia (Coordinadora Comarcal de Dinamización da Lingua Galega dos Concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas). Alí recibiron premios nas súas respectivas categorías:
  • IRIA GARCÍA PAZ (categoría B1): Gañadora no apartado de Micropoemas.


  • LOAIRA SANTAMARÍA FERNÁNDEZ (categoría C2): Gañadora no apartado de Microrrelatos.

  • Grupo Musical "A GALLOFA DO IES E CEIP DE BARRO": Gañador no apartado de SONDOUMIA.

BRAVÍSIMO ! ! ! 

PARABÉNS A TOD@S ! ! ! 

     Máis información no blog da nosa Biblioteca:



SIGAMOS CREANDO ! ! !     SIGAMOS AVANZANDO ! ! !


31/03/17

SEMANA DA POESÍA

     Na semana do 21 de marzo (Día da Poesía) desenvolvemos actividades centradas no centenario de Gloria Fuertes e a nosa participación no concurso "Micropoemas Terras do Umia" coa entrega de agasallos @s alumn@s finalistas no noso centro, con mención especial @s que souberon reflectir moi ben nas súas creacións o espírito do noso proxecto "BARRRO". Como "billa" era a palabra clave dos micropoemas, coa redacción, ilustracións e posterior lectura dos mesmos conmemoramos, tamén, o Día da Auga (22 de marzo).

   Podedes ampliar a información no blog da nosa Biblioteca onde atoparedes fotos e un vídeo resumo dos momentos máis significativos:



PARABÉNS A TOD@S ! ! !

SIGAMOS CREANDO ! ! !       SIGAMOS AVANZANDO ! ! !


16/04/16

CONCURSO DE MICROPOEMAS

    As nosas compañeiras NOA ARES GONZÁLEZ (de 5º) e AMANDA PARRA PIÑEÑIRO (de 6º) quedaron finalistas na categoría B3 no VIII Concurso de Micropoemas convocado pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística "Terras do Umia". 

     MOITOS PARABÉNS !

     Sigamos creando, sigamos avanzando.






10/05/15

CONCURSO DE MICROPOEMAS

A nosa compañeira de 5º, VERA MONTEAGUDO VÁZQUEZ, resultou gañadora na categoría B3 do VII Concurso de Micropoemas e Microrrelatos convocado pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística "Terras do Umia".
Parabéns a Vera ! ! ! E tamén a tod@s @s participantes ! ! !
Sigamos creando! Sigamos avanzando!

Premendo na foto, accederedes a máis información do evento recollida no blogue da nosa biblio.


22/05/14

FESTA DA LINGUA

Neste video podemos ver e escoitar a Carla Vázquez, de 4º, e Rodrigo Romero, de 5º, no momento en que recollen os seus merecidos premios na Festa da Lingua 2014, organizada pola Coordinadora de EDL Terras do Umia, no Espazo de Usos Múltiples da Azucreira de Portas.
Bravo !!!!
E a seguir cultivando o talento !!!

 

10/05/14

GAÑADOR@S DO CONCURSO DE MICROPOEMAS

Carla Vázquez Palacios, de 4º curso de primaria, e Rodrigo Romero Castro, de 5º, resultaron gañadores no VI Concurso de Micropoemas convocado pola Coordinadora Comarcal "Terras de Umia" dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
Parabéns a Carla e Rodrigo!!! E tamén a tod@s @s participantes no concurso!!
Ánimo e a seguir creando e participando, artistas!!!
Se pinchades na foto d@s gañador@s accederedes a máis información recollida no blogue da nosa biblio:


VISITAS