Amosando publicacións coa etiqueta SOCIEDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SOCIEDADE. Amosar todas as publicacións

20/02/21

Flipbook nas Ciencias Sociais!

O alumnado 6º A segue aprendendo os contidos mediante metodoloxías activas.Neste caso realizou un flipbook sobre o traballo. Este recurso permite recoller e sintetizar a información de maneira amena e divertida, utilizando pestanas e outros elementos interactivos que permiten desenvolver tarefas académicas e dotar dun gran atractivo visual as tarefas.

Aquí tedes os resultados!


                             

 

20/06/18

20 de xuño: DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS REFUXIADAS

   Hoxe asistimos a unha obra de teatro que nos fixo pensar: "O VALO", de Pallasos en Rebeldía e Culturactiva SCG.
   Non todo o mundo ten as mesmas posibilidades na vida. Por distintas circunstancias, hai xente que ten que deixar a súa casa, a súa familia ou a súa terra, e de forma obrigada. É inxusto ter que deixar todo por culpa das guerras.

   Esta obra cóntanos unha historia que é realidade, hoxe en día, en moitas persoas: As refuxiadas. Chegan ao noso país e a outros buscando axuda que, moitas veces, non atopan. E, como ben nos dixo X.M. Fernández Abraldes, o alcalde de Barro: Moitas familias que coñecemos, ou a nosa propia, emigraron no pasado na procura dunha vida mellor a outros países, aínda que fose por distintos motivos.

   A moza da obra estaba soa, sen saber nada da súa familia, nin sabía se estaban vivos ou mortos. Buscaba un lugar onde poder vivir sen guerra, buscaba sobrevivir.
   Se nos pasara a nós, tamén nos gustaría que alguén nos axudara ante unha situación tan desesperada. Ou non?

   Hoxe é o Día Mundial das Persoas Refuxiadas. Que non quede só como unha data máis no almanaque!














20/12/17

APRENDENDO TAEKWONDO.


 

   Hoxe, 20 de decembro, no ximnasio do colexio estivemos a ver unha exhibición de taekwondo co mestre Iván Pita , que foi  varias veces campión de taekwondo de Galicia e 4º posto no Campionato de España e agora é mestre do ximnasio Área Go Fit, de Barro.

 Participaron cinco alumnos do centro (Martín, Iván, Gabriel, Sabela e Nicolás, practicantes xa deste deporte) e amosáronnos unha serie de patadas combinadas, ataques de puño e combate.
   A continuación, fixemos nós unha fila, para poder realizar os movementos que acababan de ensinar.

   Na despedida invitáronnos a dúas clases gratis, de proba, para saber se nos gustaría ser uns campións e campionas de taekwondo como o mestre Iván.

Alumnado de 6º.
   

05/11/17

CHARLA SOBRE SEGURIDADE NA REDE.

   O día 31 de Outubro, os/as alumnos/as de 5ºA, 5ºB e 6º recibimos unha charla que nos dou José Manuel Lustres, do cuartel de Vilagarcía, que leva 25 anos no corpo da Garda Civil.
   Explicounos que internet abre un mundo de posibilidades e díxonos que a wi-fi ou bluetooth era mellor apagala, porque se non, poden roubar os nosos datos; xa sabemos que internet é publico e entón todas as persoas poden ver o que ti compartes polas redes sociais (Instagram, Facebook, Twenty , Snapchat...).
   Contounos que unha amiga súa publicou moitas fotos de todo o que facía e que se ía de viaxe: cando marchaba e cando volvía. Cando chegou só tiña a lavadora e a cociña; o resto da casa estaba baleira. 
   Ensinounos uns vídeos para non fiarnos da xente en internet, porque nos poden timar. Tampouco é de fiar comprar por redes socias ou internet a menos que sexa conexión por cable.
   Falou tamén de: grooming que é acoso (con fin sexuais) dun maior a un menor , ciberbulling que é acoso escolar na rede: publicación de fotos, datos ,insultos sobre alguén. 
   Pareceunos unha charla moi interesante e ao mesmo tempo moi divertida.
          
                                                                       
                                                                                                                                                                   Reportaxe de:      Lucía Díaz e Sara Silvén

13/05/17

NAVEGA CON RUMBO

     O pasado martes 9 de maio, @s alumn@s de 4º, 5º e 6º asistimos á charla NAVEGA CON RUMBO impartida na nosa Biblioteca por Felipe Martínez Hermo, que viña do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia).

     Internet é un mundo cheo de posibilidades para aprender, divertirmos e comunicarmos, pero hai que usar esas posibilidades con prudencia e, sobre todo, con moito sentido común. Non é máis perigoso ca un coche, un martelo ou un lapis. Coma en todo, a clave está en pensar ben antes de actuar.


     As RRSS (Redes Sociais) son as rúas de Internet e agochan perigos coma:
  • Perda de privacidade.
  • Acoso (coñecid@s).
  • Grooming (descoñecid@s).
  • Illamento.
  • Fraude e estafas.
  • Información falsa.
     O móbil é a nosa "casa dixital" e debe estar ben protexido. É privado e é portable, polo que podémolo perder. Hai que dosificar o seu uso, sendo os 12 anos a idade mínima recomendable para telo. 


     Felipe falounos, tamén, dunhas actitudes básicas para navegar seguros:
  • Ter coidado co que publicamos (construcción da identidade dixital).
  • Lista de contactos restrinxida.
  • Comentar os nosos contactos c@s nos|@s pais e nais.
  • Configurar privacidade.
  • Cámara web só con persoas de confianza.
  • Non contactar con xente que non coñecemos na vida real.
     Logo, Felipe puxo un vídeo no que unha moza se atopa na rúa cun descoñecido que simula adivinar a súa vida botándolle as cartas cando a realidade é que sabe todo polo facebook.

     O tema interesounos tanto que, ao final da charla, fixemos unha chea de preguntas e Felipe contestou amablemente a todas.


     A modo de conclusión, podemos dicir que o mundo virtual e o mundo real non son dous mundos separados; son dúas caras dunha mesma moeda na que rexen os mesmos valores como:
  • Non insultar.
  • Escribir con corrección e respecto. 
  • Non facermos pasar por outr@s.
  • Axudar a familiares e amig@s (situacións de acoso, illamento . . .).

UNHA CHARLA TAN IMPORTANTE COMO INTERESANTE ! ! !

MOITÍSIMAS GRAZAS, FELIPE ! ! !

18/01/17

MARILAR ALEIXANDRE INGRESA NA REAL ACADEMIA GALEGA

     MARILAR ALEIXANDRE (escritora, bióloga, investigadora e catedrática) ingresou na Real Academia Galega co discurso Voces termando da paisaxe galega no que reivindica o medio natural, a defensa da lingua, a xustiza social e o feminismo.

Máis información no blog da nosa Biblioteca:




03/06/14

HOMENAXE ÁS AVOAS

A canción do verán 2014: Unha homenaxe ás avoas polo cariño, dedicación, valor, simpatía, amabilidade, traballo, sacrificio, amor:

 

13/02/14

CONMEMORACIÓN DÍA INTERNACIONAL NEN@S SOLDADO

Para conmemorar o Día Internacional contra a utilización d@s Nen@s Soldado, todo o alumnado do colexio canta e danza "A ronda do soldadinho" na versión de Isabel Silvestre do tema composto polo cantautor portugués José Màrio Branco:

 

11/02/14

NEN@S SOLDADO

Curta realizada por alumn@s do instituto granadino La Madraza en contra da utilización de nen@s soldado:

 

03/02/14

NON MÁIS NEN@S SOLDADO!

En moitos países miles de nenas e nenos son utilizados como soldados nas súas loitas e conflictos:


27/01/14

EMMANUEL JAL: DE "NIÑO SOLDADO" A ACTIVISTA POLA PAZ

Emmanuel Jal é un rapeiro e activista pro dereitos humanos. Durante anos soportou en Sudán a dura vida de "Niño Soldado" mais, afortunadamente, logrou fuxir, sendo rescatado por Emma McCune, unha traballadora social inglesa. Superado o trauma, as súas cancións, que gustaban moito a Nelson Mandela, son recoñecidas internacionalmente e falan da imperiosa necesidade de esperanza, reconciliación e paz:


PENSÉ QUE ERA UN JUEGO

O próximo día 12 de Febreiro celébrase o Día Internacional contra a utilización de Nenas e Nenos Soldado. Con tal motivo, Amnistía Internacional convoca un concurso de audiovisuais que gañaron, o ano pasado, alumn@s do IES "A Basella" de Vilanova de Arousa co seguinte video:


VISITAS