Amosando publicacións coa etiqueta NIÑ@S SOLDADO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NIÑ@S SOLDADO. Amosar todas as publicacións

13/02/14

CONMEMORACIÓN DÍA INTERNACIONAL NEN@S SOLDADO

Para conmemorar o Día Internacional contra a utilización d@s Nen@s Soldado, todo o alumnado do colexio canta e danza "A ronda do soldadinho" na versión de Isabel Silvestre do tema composto polo cantautor portugués José Màrio Branco:

 

11/02/14

NEN@S SOLDADO

Curta realizada por alumn@s do instituto granadino La Madraza en contra da utilización de nen@s soldado:

 

03/02/14

NON MÁIS NEN@S SOLDADO!

En moitos países miles de nenas e nenos son utilizados como soldados nas súas loitas e conflictos:


27/01/14

A RONDA DO SOLDADINHO

Alumn@s de 6º cantan e danzan "A RONDA DO SOLDADINHO" na fermosa versión que fixo a cantante portuguesa ISABEL SILVESTRE do célebre tema composto polo cantautor JOSÉ MÀRIO BRANCO:

 

EMMANUEL JAL: DE "NIÑO SOLDADO" A ACTIVISTA POLA PAZ

Emmanuel Jal é un rapeiro e activista pro dereitos humanos. Durante anos soportou en Sudán a dura vida de "Niño Soldado" mais, afortunadamente, logrou fuxir, sendo rescatado por Emma McCune, unha traballadora social inglesa. Superado o trauma, as súas cancións, que gustaban moito a Nelson Mandela, son recoñecidas internacionalmente e falan da imperiosa necesidade de esperanza, reconciliación e paz:


PENSÉ QUE ERA UN JUEGO

O próximo día 12 de Febreiro celébrase o Día Internacional contra a utilización de Nenas e Nenos Soldado. Con tal motivo, Amnistía Internacional convoca un concurso de audiovisuais que gañaron, o ano pasado, alumn@s do IES "A Basella" de Vilanova de Arousa co seguinte video:


VISITAS