Amosando publicacións coa etiqueta CIENCIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CIENCIA. Amosar todas as publicacións

06/02/23

CIENCIA DIVERTIDA

O alumnado de 6º de Primaria está a traballar as Ciencias dun xeito ben divertido. Como mostra, estes lapbooks, resultado da súa investigación e estudo sobre os animais.

Ademais, as mozas e mozos fixeron unhas lucidas presentacións orais dos seus fantásticos traballos.

MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!





28/01/23

MISIÓN ALBA

Dende o primeiro trimestre, o alumnado de 5º de Primaria está participando na MISIÓN ALBA, un proxecto do centro científico Sincrotón ALBA, situado preto de Barcelona.

O Sincrotón ALBA é un centro no que se crea luz de Sincrotón, empregada para moitas investigacións científicas como o desenvolvemento de novos materiais, a loita contra diversas enfermidades e a creación de novos alimentos.

MISIÓN ALBA é o proxecto de colaboración das persoas científicas cos centros escolares de todo o estado. Elas propoñen unha serie de desafíos científicos de experimentación con diferentes fontes de luz para comprobar as propiedades da materia e, de paso, axudar a construír novas vocacións científicas!

Todas as actividades seguen o método científico e, incluso, están dispoñibles en todos os idiomas do estado. O alumnado tamén dispón de videoconferencias para coñecer de primeira man a científicas e científicos relevantes así como o seu traballo.

Cada trimestre, a organización realiza un sorteo entre todos os centros escolares participantes, e o pasado mes de decembro... as nosas nenas e nenos gañaron o primeiro premio!!!

Tras unha longa espera... por fin chegou o agasallo en forma dunhas chulísimas camisetas!!!


MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!

Se queredes saber máis desta aventura científica, non tedes máis que visitar a páxina do proxecto no seguinte enderezo: https://www.misionalba.es/gl


13/10/22

DESCUBRINDO UN MINIMUNDO

Esta semana, as rapazas e rapaces de 5º descubrimos un mundo microscópico!

Nas clases de Ciencias da Natureza estamos a estudar as diferentes formas que poden ter os seres vivos e, para aprender, non hai mellor xeito que experimentar.

Primeiro, familiarizámonos co microscopio, as súas partes e o seu funcionamento. Logo, preparamos unha tinción de cebola e puidemos ver as súas células cos seus núcleos. Tamén observamos larvas e ás de insectos, musgo e, incluso, unha gota de auga estancada, na que comprobamos que tamén hai vida!

Existe ao noso redor todo un universo!






26/05/21

Maquetas e circuítos!

Para tratar o tema da enerxía na área de Ciencias da Natureza, o alumnado de 6º curso creou estas maquetas sobre as distintas fontes de enerxía. Para iso, reempregaron diferentes materiais e finalmente presentáronllas aos seus compañeiros e compañeiras.




Tamén trouxeron de forma voluntaria estes elaborados circuítos eléctricos.

Como sempre dicimos, non hai mellor forma de aprender que dirvertíndose!





18/03/20

A IMPORTANCIA DE LAVAR BEN AS MANS

Hai uns días, cando empezabamos a escoitar iso do coronavirus, na clase de quinto decidimos facer un pequeno experimento sobre se era importante ou non lavar as mans. Cada un dos equipos tivo varias opcións: lavar as mans co xabón que temos na casa ou co que leva alcol, poñer as mans no chan, pasar as mans pola mesa... Despois disto, puxemos os dediños nunhas placas de laboratorio que tiñan unha xelatina e apuntamos o que metemos dentro.


Diariamente fomos apuntando se aparecía algo ou non.


O resultado final foi este!!!




Chegamos á conclusión que o xabón do cole (o mesmo que temos na casa) é o máis efectivo para a loita contra os microorganismos como os virus e as bacterias.

Así que todas e todos a lavar as mans con frecuencia!!!


21/12/19

QUE ESTIVEMOS ARGALLANDO EN 5º DURANTE O TRIMESTRE?

Ademais do que vos fomos contando ao longo deste trimestre, na aula de 5º de Primaria fixemos moitas outras cousas!
Observamos, grazas á realidade aumentada, as células das plantas e dos animais, diferenciamos distintos tipos de cogomelos grazas a Sergio, "comemos" as fases da lúa, experimentamos coas divisións grazas ao riquísimo biscoito que trouxo Nico polo seu aniversario... e moitas cousas máis!!

Aquí vos deixamos unha mostra en imaxes. Esperamos que vos guste.




01/07/19

EXCURSIÓN A CORUÑA

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizamos a finais de curso unha bonita excursión á cidade de A Coruña para visitar os tres museos de ciencia interactiva: a Domus, o Aquarium Finisterrae e a Casa das Ciencias.


A nosa primeira parada foi a DOMUS, situada frente ás praias de Orzán e Riazor.

Como xa ven sendo tradición, xunto á escultura do ADN, feita con guías telefónicas, e cos nosos "ancestros" fixemos as fotos dos diferentes grupos.






 



A seguinte visita foi ao AQUARIUM FINISTERRAE, tamén chamado Casa dos Peixes.

Alí, divididos en dous grupos, percorremos as diferentes salas adicadas aos fondos mariños.





E incluso visitamos as piscinas exteriores, onde puidemos observar trece exemplares de focas, nove femias e catro machos.



O último destino desta viaxe foi a CASA DAS CIENCIAS e o seu Planetario, situada xunto ao Parque de Santa Margarida.



As máximas destes tres museos científicos son: "Prohibido non tocar", "Prohibido non sentir" e "Prohibido non soñar". Nós cumprímolas todas polo que, sen dúbida, o día 10 de xuño foi unha xornada intensa de convivencia e aprendizaxe.

Todo  o que puidemos ver e experimentar pareceunos moi interesante; aprendemos moitas cousas e... 











Pasámolo xenial !!!



VISITAS