Amosando publicacións coa etiqueta EDLG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EDLG. Amosar todas as publicacións

19/06/26

NOVENARTE-BD: PDI EN 6º

Neste curso 2025-2026, as nenas e os nenos de 6º estiveron facendo moitas actividades relacionadas co noso PDI de este curso: o cómic ou a banda deseñada! Queredes ver o que fixemos? 

Investigaron sobre as orixes do cómic e escribiron reseñas sobre os seus favoritos.

Compuxeron outros textos como noticias de prensa, poemas... con algún guiño á banda deseñada.




Crearon as súas caricaturas que plasmaron en viñetas nas que se deron a coñecer.

Disfrazáronse de superheroes e superheroínas de cómic.


Aprenderon a debuxar seguindo as proporcións empregadas nas ilustracións.


Fixéronses pasar por superheroes empregando diferentes técnicas e a IA


E foron os encargados de presentar o PDI aos seus compañeiros e compañeiras do cole.


Foi un curso de moitas aprendizaxes a través da banda deseñada! 
Agora chega o merecido descanso!

🌞 Felices vacacións! 👒🏊

16/06/26

PROXECTO DE "UN CÓMIC DESDE 0"

O alumnado de Proxecto Competencial das aulas de 6º estivo investigando moitísmo sobre os cómics. Para iso, comezaron reflexionando acerca do que sabían e que querían saber sobre a súa historia e como se fan, buscaron e plasmaron a información e... Puxéronse mans á obra!

Crearon rella cun bastidor e tea, elaboraron a pasta de papel reciclado para facer as follas e, ao mesmo tempo, foron creando a historia e as ilustracións coa axuda de plataformas de deseño que aprendemos a empregar. De aí que o proxecto se chame "un cómic desde 0".





E este foi o resultado final. A que quedaron ben? 

😍 Parabéns equipos polo voso traballo! 📚


04/06/26

SEXTO B NAS ONDAS

Durante este último mes, o alumnado de 6ºB embarcouse na tarefa de crear un programa de radio, xa que nos encanta estrear os recursos novos que temos no cole. 

Para iso, investigamos sobre como debe ser un programa de radio, a quen vai dirixido, o formato que queremos que teña... Unha vez que nos decimos, repartimos roles e comezamos a escribilo! A temática escollida foron os diferentes aparatos que interveñen na nutrición.





📻 Os programas quedaron chulísimos e pasámolo en grande! 📻

Somos uns auténticos/as profesionais! 

17/02/26

UN ENTROIDO DE CÓMIC EN 6º

Con motivo do PDI deste curso, "NovenArte-BD", o alumnado e as profes de 6º escollemos para o noso disfraz de entroido os heroes e heroínas de Marvel e DC. Este foi o resultado Que vos parece?

                          

Para chegar a isto, houbo moito traballo detrás. O primeiro que fixemos foi agruparnos e escoller a personaxe que queriamos representar e, unha vez listo, dialogamos acerca do que necesitabamos... E aí, púxemonos mans á obra. Mirade canto traballamos!



🎭 🎉  Viva o Entroido!  🎉 🎭

14/05/25

VOCES NO CINE MUDO?

Sabiades que os comezos do cine foron mudos e sen cor? Pois nós decidimos darlle unha volta e converter a Charles Chaplin nun actor falador e ademais... Galego! Aproveitando os contidos de creación audivisual, o alumnado de 6º púxose mans á obra e inventaron simpáticos diálogos para poñerlle voz ás curtas do grandísmo actor e precursor inglés. Ademais, aprenderon a editar vídeos e engadirlles elementos gráficos, efectos sonoros...

Queredes ver como quedaron? Premede na imaxe para velos. Esperamos que vos gusten!📽🎞

19/03/25

AS CORRENTES ARTÍSTICAS NO CINE

No século XX, os movementos artísticos influiron en moitos ámbitos, mais especialmente no cine. Nas aulas de 6º estivemos indagando acerca deles e, descubrimos, que houbo catro grandes tendencias dos que todas e todos recoñecemos grandes obras: o surrealismo, o expresionismo, o impresionismo e o independiente. 

Seguindo esta filosofía, propuxémonos recrear nun mesmo debuxo as catro correntes, empregando os trazos máis característicos de cada un deles. Saberías recoñecer nas nosas obras de arte cada unha delas?

📽Aquí tedes o resultado!📽


🎞 O noso mural 🎞


25/02/25

SOMOS ESTRELAS DE CINE!

Cando unha persoa famosa fai algo importante, todo o mundo quere saber como é, cales son os seus gustos e afeccións... Pois iso foi o que fixemos en 6ºB! 

Con motivo do traballo das diferentes tipoloxías textuais, aprendemos non soamente a facer unhas boas descricións, senón a traballar con imaxes reais e xeradas con intelixencia artificial (IA). Esta IA, aínda que é moi espabiladiña, contou coa nosa gran guía, xa que lle soubemos dar moita información que fixo que os nosos retratos fosen moi semellantes a nós! 



📽🎞 Aquí vos deixaremos os resultados de forma máis detallada 📽🎞


01/02/25

CINE CON VALORES

Con motivo do Día da Paz e da Ilustración (30 de xaneiro), nas aulas de 6º traballamos unha curta que nos fixo reflexionar acerca das cousas que son realmente importantes na nosa vida: a amizado, o compañeirismo, o amor... Ademais, isto serviunos para comprobar que non sempre a información que atopamos na rede é correcta, xa que o primeiro título da curta non resultou ser o axeitado... 

🎞📽 Queredes ver o resultado? Pois aquí o tedes!🎞📽




17/12/24

O NOSO CORREDOR DA FAMA


Outra das actividades que fomos facendo durante estes meses consistiu en crear o noso particular paseo da fama. Para iso, creamos as estrelas da nosas cor favorita, fixemos unha insignia con aquilo que máis nos identificaba e fixemos a nosa propia caricatura.

A nosa máxima foi que se os/as grandes artistas deixan a súa pegada en Hollywood, nós tamén a deixamos no cole de Barro!


Aquí quedan algunhas das fotos do proceso creativo.

29/11/24

CINE DE BARRO: PDI EN 6º

Durante estes dous meses que levamos, as nenas e os nenos de 6º estivemos facendo moitas actividades relacionadas co noso PDI de este curso: o cine!

Escribimos investigamos sobre as orixes do cine, aprendemos sobre películas coñecidas, fixemos reseñas sobre as nosas películas favoritas e mesmo... Pensamos en que cousas podería levar a película da nosa vida! 





Estade atentas e atentos sobre os nosos avances porque o proxecto continúa!

19/06/24

KANDINSKY OLÍMPICO

Unha das últimas actividades que fixo o alumnado de 5º consistiu en coñecer a figura e obra de Wassily Kandinsky, o gran pintor do século XX. Como non podían ser doutra forma. as nosas nenas e nenos fixeron a súa propia interpretación incluíndo, como non, elementos deportivos e relativos ás olimpíadas. 

Estes foron os resultados!



Sodes uns artistaz@s!

06/06/24

SALVAMENTO E SOCORRISMO II

 O alumnado de 6º curso de Primaria realizou a segunda xornada de Salvamento e Socorrismo do programa XOGADE, esta vez xunto a cinco colexios máis, na praia fluvial do Lérez.


Moitísimas grazas!

03/06/24

AS OLIMPÍADAS DA MODERNIDADE

Durante este curso, o alumnado e os/as profes de 5º estivemos traballando no PDI "As Olimpíadas dan moito xogo" e descubrimos unha chea de información curiosa sobre os Xogos Olímpicos. Aprendemos cando comezaron a celebrarse, que probas inclúen cada un deles ou mesmo que non é o mesmo Olimpíada que Xogos Olímpicos. 

Por iso, decimos plasmar todas estes datos nun gran mural que une as dúas aulas, no que colocamos os carteis representativos de cada olimpíada. Para facelo, tivemos que tomar medidas, repartir os espazos... Este foi o resultado!


Ademais, decatámos de que non houbo sedes en todas as edicións, o que nos levou a investigar sobre isto. Descubrimos que as Guerras Mundiais foron as causantes polo que o plasmamos co noso propio cartel no que se pode ler: "o mundo esquece os valores olímpicos".

Excelencia, amizade, respecto! Sempre con nós os valores olímpicos!

28/05/24

SAÍDA DE FIN DE CURSO

O pasado xoves 23 de maio, as nenas e os nenos foron de excursión a Vigo para gozar dunha xornada de convivencia. A primeira parada foi "Humor amarillo" onde tiveron que realizar distintas probas nas que o pasamos en grande.

Tercer ciclo



Despois de repoñer forzas, visitaron a praia de Samil onde fixeron diferentes actividades e xogos deportivos. 

Pasámolo xenial!!!!

09/05/24

NOVA SESIÓN DE SALVAMENTO E SOCORRISMO

O alumnado de 6º de Primaria visitou a piscina de Campolongo en Pontevedra na mañá de onte para disfrutar da segunda xornada de Salvamento e Socorrismo grazas ao Clube de Salvamento e Socorrismo de Pontevedra (SAPO) e ao Programa XOGADE.



Moitas grazas!

 

02/05/24

SALVAMENTO E SOCORRISMO

 Este luns, día 29 o alumnado de 6º recibíu a primeira sesión de salvamento e socorrismo no noso centro, impartida polo Club SAPO de Pontevedra.

 

 

 

 

Moitísimas grazas!


VISITAS