Amosando publicacións coa etiqueta INVENTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INVENTOS. Amosar todas as publicacións

06/06/23

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Unha das fantásticas actividades que o alumnado de 6º de Primaria desenvolveu, no marco do PDI Inventos, foi o obradoiro de instrumentos musicais. Logo de investigar sobre diferentes instrumentos e as súas familias, o alumnado púxose mans á obra e, con moito enxeño e materiais de reciclaxe, creou os seus propios instrumentos musicais. De cada un deles elaborou a súa ficha correspondente (nome, familia a que pertence, materiais empregados) e deu un pequeno e delicioso concerto.

Todos os instrumentos soaban de marabilla!!!

MOITÍSIMOS PARABÉNS, ARTISTAS!!!


19/06/13

"BICIVOLADORA"

A quen lle apetece dar unha voltiña na "bicivoladora"? Claro que, como recoñecen os seus inventores, aínda está limitada pola capacidade e peso das baterías:


VISITAS