Amosando publicacións coa etiqueta VIDEOS COLEXIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VIDEOS COLEXIO. Amosar todas as publicacións

04/06/16

ENTREGA DO VIII PREMIO MIMI A PÁRAMO PICTURES

     O pasado venres, 30 de maio, @s chic@s de 5º subímonos ao escenario do Salón da Biblioteca do Concello para conducir o acto da entrega do VIII Premio MIMI. 


     Celia e Dani, con moita valentía, non dubidaron en coller o micrófono para facer a presentación:


     O primeiro que fixemos foi cantar e bailar o Rap da lingua de Migallas cunha coreografía creada por nós.


     Logo de recordar @s premiad@s en categorías anteriores, chegou a hora de que Daniel Moreiras e Iván Capón, de Páramo Pictures, recollesen o seu merecido premio. María Portero non puido vir pero estivo igualmente con nós nas súas cancións.

   Diego foi o encargado de entregar a fermosa talla de madeira realizada polo artista local de proxección internacional, Fran Rodríguez Remiseiro, baseada no debuxo da ex alumna Aroa Outón.


    Para celebralo, que mellor que cantar con eles esas letras tan cheas de humor e retranca. 
     Pero antes de empezar, invitamos a subir ao escenario a Brais, un neno de Infantil, que se converteu rapidamente nun fan incondicional e aprendeu axiña as súas cancións. Que pasada !


     A primeiriña que interpretamos foi Préndeme o boi que nos "chifla" a tod@s.


     Logo rendémoslle homenaxe a Vou estalar, por ser a primeira parodia musical coa que se deron a coñecer.


     O público, formado por todo o alumnado e profesorado do centro, estaba totalmente entregado; o Salón de Actos vibraba enteiro de tanta enerxía concentrada que alí había. Tamén contamos cunha representación do IES de Barro, xa que foron eles os que propuxeron a súa candidatura.



    Como o público coreaba con forza, OUTRA!! OUTRA!! OUTRA!!, agasalláronnos coa Bertolina
        Foi todo un espectáculo ! 
   A pesares de que tiñan unha apertada axenda, non dubidaron en someterse a unha intensiva sesión fotográfica con todos e cada un dos cursos. Por suposto, non podiamos faltar nós nin @s compañeir@s de 6º, que tanto nos animaron:



      Foi un día que quedará gravado para sempre na nosa memoria e no noso corazón.

      SODES GRANDES !

      MOITOS PARABÉNS E MOITAS GRAZAS !


     Se premedes no enlace do blogue da nosa Biblioteca poderedes ver un vídeo e máis imaxes do evento. Disfrutádeo !




    

22/05/16

APADRIÑAMENTO LECTOR

     Énchenos de emoción experimentar a hora de ler tendo nas nosas mans un bo libro e á nosa beira un cativo ou cativa á espera de vivir unha apaixonante aventura.

     Un auténtico agasallo!




06/05/16

VIII PREMIO MIMI: PÁRAMO PICTURES

  O VIII Premio MIMI recaeu en PÁRAMO PICTURES, produtora independente lucense, integrada por Daniel Moreiras, María Portero e Iván Capón.
     O proxecto xurdiu no ano 2013 cando Daniel tiña que cantar coa súa orquestra Costa Dorada a canción do Gangnam Style, que eles titularon Eu vou estalar e animáronse a facer unha curta para pasalo ben.
    Gustoulles a experiencia e continuaron facendo versións en galego de temas pop coñecidos internacionalmente como Bertolina (a Adrenalina galega), con máis de 1.800.000 visitas en YouTube, Depucheiro (O Nespresso galego), En fin de ano non mates, Os Teletibus. . . Tamén fixeron colaboracións como no programa LAND ROBER co tema Soplando
   Ademais, produciron a web serie Veciños, que participa este ano na sección oficial do famoso festival Carballo Interplay.
     Como curiosidade, dicir que o mesmo día no que quedaron proclamados Premio MIMI, deron a coñecer a súa última parodia, Préndeme o boi que, en tan só dous días, conta xa con máis de 117.000 visualizacións. Impresionante !

     MOITOS PARABÉNS !

    Si premes na imaxe, poderás acceder ao blog da biblioteca e saber máis sobre como foi o desenvolvemento da proclamación das candidaturas, votacións e reconto de votos. Toda unha experiencia de auténtica cidadanía !

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/05/na-viii-edicion-ganou.html




31/03/16

VISITA DE CARMEN PAZOS MAGARIÑOS

 A nosa participación no xogo "Do 8 ao 18 de marzo" (http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/03/dia-da-muller-traballadora.html) que desenvolvimos na nosa Biblioteca ao longo deses días levounos a coñecer o impresionante labor de mulleres como:

  • Paula Carballeira (escritora, contacontos e actriz).
  • Amelia Earhart (aviadora).
  • Ángeles Alvariño (oceanógrafa, zoóloga e profesora).
  • Carmen Herrera (judoca).
  • Hypatia de Alejandría (filósofa, matemática, astrónoma e maestra).
  • Ada Lovelace (matemática e escritora).
  • Sonia Blanco (bióloga e investigadora).



     O venres 18 de marzo atopamos exposta no taboleiro a seguinte imaxe:



    Ademais recibimos a ficha cunha serie de pistas para coñecer á homenaxeada. A diferenza con respecto ás anteriores estaba en que non iamos atopar información ao través do site (https://sites.google.com/site/do8ao18/home) senón que teriamos o privilexio de vela en persoa, pois viña ex profeso para estar con nós. 

     Que nervios !   Que emoción !   Que curiosidade !

    Así pois, logo do recreo, sentámonos na Biblioteca cos ollos e orellas ben abertos, provistos de lapis e papel e en absoluto silencio para non perder detalle. 




      A nosa sorpresa foi atopar alí a unha paisana nosa: CARMEN PAZOS MAGARIÑOS (Valbón-Agudelo, 1994).




     Contounos que tanto ela como Carlos, o seu irmán, fixeron a Infantil e a Primaria no mesmo centro no que estamos nós. Algúns profesores e profesoras que lle deron clase xa están xubilados pero outros como Rosa, José Luis, Mª Carmen, Luz ou Claudia emocionáronse moito no reencontro coa súa antiga alumna. 

     Carlos quedou tan impresionado cun concerto que deu a Banda Xuvenil de Barro no noso colexio que decidiu estudar percusión. Hoxe en día toca varios instrumentos (xilófono, marimba, timbais, bombo . . . ) e forma parte da directiva da Banda. Ademais estuda en Vigo unha carreira moi difícil que lle chaman "Teleco" (enxeñaría de telecomunicacións).

     Carmen, logo de rematar a ESO no IES de Barro, cursou o Bacharelato no IES A Xunqueira 1 de Pontevedra. Daquela tiña varias afeccións como aprender a tocar o piano, ler e, sobre todo, debuxar. 

    Un día, vendo na tele un documental sobre Xapón, quedou fondamente impresionada pola súa cultura e empezou a bulir na súa cabeza a idea de ir a estudar Arte ao país nipón. A súa nai e o seu pai aconselláronlle que, para empezar, participase nun programa que consistía en vivir cunha familia xaponesa durante un curso.

     Así que, con 18 anos (que casualidade! A mesma cifra que o día da súa visita: 18 de marzo), Carmen pasa de vivir en Valbón a vivir nun pobo xaponés máis ou menos do mesmo tamaño que Barro. Naquel pobo ninguén coñecera nunca a persoas alleas á súa cultura. Así que a nosa paisana converteuse pronto nunha atracción e todo o mundo quería facerse unha foto con ela. Que risa ! Pero recoñece que a idea dos seus pais foi moi boa pois ao integrarse nunha familia adaptouse pronto aos seus costumes ao tempo que perfeccionaba o idioma. Carmen xa ía cunhas nocións de xaponés que aprendera pola súa conta, pero convivir día a día cunha familia facilitoulle moito a súa aprendizaxe.

     Durante este primeiro ano recibiu clases para presentarse ao exame de ingreso na Facultade de Belas Artes. A pesares de que estudara moito, tiña un pouco de medo. "E se suspendo?", pensaba Carmen. Pero o seu esforzo veuse recompensado e pasou a proba. Agora leva xa dous anos estudando Arte en Kioto.

     Carmen acompañou a súa charla cunhas fotografías que ilustraban con moito detalle todas as cousas que ía contando. 




     Así puidemos ver imaxes de Kioto, onde vive. Unha cidade tan grande como Barcelona. A diferenza do que sucede aquí, nos edificios do centro da cidade soamente hai tendas, oficinas, cafeterías e outros servizos. As familias viven nas aforas. E gozan, coma nós, de fermosos paseos fluviais.




     Carmen explicounos que en Kioto hai moitas torii que son unhas portas enormes que serven para separar o mundo profano do mundo sagrado.




     A Facultade onde estuda está situada nunha montaña . . . onde viven cervos e monos ! Cando hai bo tempo, pasea coas súas amigas polo bosque dos arredores pero teñen que ter moito coidado porque os monos lles rouban a comida. Que pillabáns !




     Se non vai moita friaxe, Carmen colle a súa bicicleta para ir á Facultade. Pero en xaneiro e febreiro soe nevar. Entón vai en tren. Claro que o bo que ten é que poden facer esculturas coa neve. Que chulada! Xa nos gustaría a nós !




     Ademais de pintar, a Carmen gústalle moito ler, facer fotos, tecer os seus xerseis, aprender idiomas (fala castelán, galego, inglés, xaponés, francés e algo de italiano), escoitar música, bailar e, sobre todo, sobre todo, estar coas súas amigas. Presentounos a algunhas delas e dixo que nunha ocasión estiveran de visita en Valbón. Unha quedou tan encantada que, ao parecer, ten a intención de vir a España a vivir durante un tempo.




     Cada catro meses, aproximadamente, Carmen volve a Barro para estar coa súa familia e as súas amizades de aquí. En abril comeza o seu terceiro curso porque, segundo nos dixo, o calendario escolar e laboral xaponés iníciase na época da floración das cerdeiras, un espectáculo tan fermoso como efémero pois soamente dura unha semana.




          Carmen contestou amablemente ás nosas preguntas. Interesábanos todo; moi especialmente, tiñamos curiosidade por saber cómo se dicían en xaponés os nosos nomes. 




     Manuel, o noso compañeiro de 6º, preguntou cómo se escribía can e cabalo e ela aproveitou para debuxalos. Con que facilidade e coidado o fixo ! Que bonito debuxo ! Nel escribiu unha dedicatoria para todos nós. Tamén asinou no libro de visitas da Biblioteca.




     E leunas en voz alta en xaponés ! 

   Podedes escoitala no precioso vídeo que está no blogue da `biblio´ onde atoparedes un resumo da nosa compañeira de 5º,  Sarai Romai Manso, que recolle moi ben as ideas principais do encontro:


     Nós cremos que, ademais de moito talento, Carmen Pazos Magariños é unha chica moi valente  e emprendedora que loita por facer realidade os seus soños. Agora ten en mente un proxecto de intercambio entre estudantes de Belas Artes de Pontevedra e Kioto. Oxalá se faga realidade ! Tamén sabemos que pronto vai facer unha exposición cunha mostra da súa pintura. Gustaríanos moitísimo vela. 

     MOITÍSIMAS GRAZAS, CARMEN, POLA TÚA VISITA ! ! !

     FELIZ VIAXE ! ! 

     MOITA SORTE ! ! !


17/02/16

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

     O venres 29 de xaneiro xuntámonos tod@s para conmemorar o Día da Paz. Este ano eliximos a fermosa canción Una sola voz do grupo MACACO. Aprendimos a letra e inventamos unha coreografía para acompañala.
  Ademais, traballamos uns poemas que están recollidos no libro Trobapaz; mellor dito, Trovapaz, Baketropa, Trobapau . . . pois recolle poesías en castelán, galego, euskera, catalán, árabe, chino e inglés. 
    En 5º eliximos o poema How many times must a man look up before he can see the sky? de Antonio García Teijeiro, inspirado na canción Blowin´ in the wind de Bob Dylan. 
    En 6º gustounos especialmente Cambio de Ana Mª Romero Yebra, da que tamén fixemos unha presentación dixital que subimos na entrada anterior.
     Foi moi bonito aprender os versos en galego, castelán, catalán, euskera, árabe e inglés. 
   Para o árabe, axudounos o noso compañeiro Youssef; para o éuscaro, contamos co audio que gravou Laura, que vive en Vitoria e é curmá da nosa compañeira Elia; para o catalán, escoitamos a gravación que nos fixo Loluca, que vive en La Garriga, preto de Barcelona e é amiga de Rafa, o director do colexio; e para o inglés, botounos unha man a teacher Mª Carmen. 
    Se queredes ver o resultado, premede na foto e atoparedes cumprida información no blogue da nosa Biblio.
      Esperamos que vos guste!


   

TROBAPAZ

     Vídeo para conmemorar o Día da Paz do alumnado de 6º de Primaria do CEIP "Amor Ruibal" de Barro a partires do poema "CAMBIO" de Ana Mª Romero Yebra, recollido no libro colectivo TROBAPAZ, editado no ano 2009 pola Universidade de Jaén baixo a coordinación de Sara Moreno Valcárcel.

Se queres saber máis sobre TROBAPAZ preme no enlace da nosa Biblioteca:






22/11/15

MAGOSTO 2015

. . . 

Que castañas saborosas!
Un aplauso para eles.
Coa barrigola cheíña,
 agora a xogar contentos.
Coa barrigola cheíña,
agora a xogar contentos.

. . .


(Preme na foto e accederás a máis información no blogue da Biblio)


12/11/15

GAÑADORES E GAÑADORAS NO CONCURSO CARTEIS MAGOSTO 2015

     PARABÉNS ós/ás gañadores/as no concurso de carteis "Magosto 2015", especialmente a Juan, David e Amanda de 6º, e NORABOA a todos/as pola vosa entusiasta participación.

     Queredes ver o video cos carteis finalistas e os gañadores?

     Pois MIMI volo presenta encantadísimo:



03/11/15

CANTIGA "O NOSO MAGOSTO"

Castañas asadas queremos comer,
castañas asadas que saben moi ben.
Que saben moi ben, que saben moi ben,
castañas asadas queremos comer.

(Preme na imaxe e atoparás o noso magosto musical)


16/09/15

INAUGURACIÓN OFICIAL DO CURSO

     Inauguración oficial do curso 2015-16 a cargo do alcalde, o Sr. Abraldes, e o artista Inacio Vilariño, convidado polo Concello.

MOITAS GRAZAS ! ! ! 

                           (Preme na imaxe e accederás a máis información)


04/09/15

MEU PAI E MÁIS EU SOMOS PIRATAS

     No mes de xuño as compañeiras de 6º Sara Besada, Andrea Buceta, Andrea Cerqueiras, Sandra Iglesias e Nerea Prado, comprometidas a tope co tema da biblioteca, representaron para @s máis cativ@s, Meu pai e máis eu somos piratas, un conto escrito por Jesús Zatón e ilustrado por Teo Puebla. Un divertido colofón ao Proxecto Piratas.

     ¡ ¡ ¡ Que ben o fixeron ! ! !     ¡ ¡ ¡ E como gozaron @s pequerrech@s ! ! !

     Entrade, entrade . . . e mirade . . . e escoitade . . .

 

02/09/15

GRADUACIÓN 2015

     Fotomontaxe do emotivo acto de GRADUACIÓN PRIMARIA 2015, magníficamente amenizado pola Banda Infantil de Barro, baixo a dirección de Manuel Fariña.


   ¡¡ QUE GRANDES SODES!!




  ¡¡ FELIZ ANDAINA NO INSTITUTO!!


27/08/15

TALENTSHOW 2015

     Video resumo das moitas e variadas actuacións do TalentShow 2015 presentado con ilusión polos chicos e chicas de 6º que, en breve, comezarán unha nova andaina no Instituto. 

     ¡ ¡ ¡ Sorte, ánimo e ata sempre! ! !

 

14/05/15

VII PREMIO MIMI: "OS DA RÍA"

    O grupo "OS DA RÍA", ideado por Carlos Meixide e Tomás Lijó, e musicado por Suso Alonso, Xabier Olite, Ramón Reynolds e Roi Fernández, resultou gañador do VII Premio MIMI.
     A candidatura foi proposta pola Real Academia Galega porque, como nos escribiu o seu Presidente, D. Xesús Alonso Montero,"levan anos defendendo enriba dos escenarios a lingua e a cultura galegas como ferramenta de expresión cultural e festeira do pobo galego".
     PARABÉNS a "OS DA RÍA" e o noso sincero agradecemento á Real Academia Galega pola súa continuada e inestimable colaboración ao longo dos sete cursos de vida deste proxecto.
     Grazas tamén aos que fixeron as súas achegas para a presente edición: Asociación Cultural Barosa, IES de Barro, Obradoiro Río Umia e o blogue Novas de Barro.


01/03/15

PIRATAS

     En este segundo trimestre nos hemos metido de lleno en el proyecto "PIRATAS" investigando en los libros que tenemos en la biblioteca así como en distintas páginas web. Tan ambientados estábamos que, llegado el momento del carnaval, piratas, corsarios, bucaneros y filibusteros invadieron el colegio como bien podéis ver:




05/02/15

RUMBA DAS APERTAS

    Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, recoñecido pola UNESCO no ano 1993. Con tal motivo fixemos actividades sobre o tema en todas as aulas e aplicamos a receita de apertas e aloumiños de Magín Blanco, cantando a súa Rumba das apertas. Receita recomendable para todos os días do ano: ¡¡¡Boísima para a saúde!!!

09/07/14

TALENT SHOW 2014

Moitas, variadas e boísimas actuacións nesta edición do mellor Talent Show do mundo.

BRAVÍSSSSIMOOOOOOOOOOOO !!!    

MENUD@S ARTISTAS !!!

29/06/14

GRADUACIÓN 2014

O xoves 19 celebramos o acto de Graduación coa entrega de orlas @s alumn@s que rematan as etapas de Infantil e Primaria. Foi un acto moi emotivo no que tamén estiveron presentes os familiares d@s graduad@s. Ademais, contamos co fantástico acompañamento musical de BXBRASS integrado por membros da Banda Xuvenil de Barro. Todo un luxo !!
Xunt@s fixemos un percorrido fotográfico de momentos significativos vividos neste colexio. As nosas compañeiras Virginia de 6º A e Jenni de 6º B leron, en nome de tod@s, unhas palabras cheas de cariño e agradecemento por todo o que compartimos e aprendimos durante estes anos e que quedou gravado no noso corazón.

ATA SEMPRE !!!

MOITA SORTE A TOD@S !!!

 

VISITAS