Amosando publicacións coa etiqueta XOGOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XOGOS. Amosar todas as publicacións

03/06/24

AS OLIMPÍADAS DA MODERNIDADE

Durante este curso, o alumnado e os/as profes de 5º estivemos traballando no PDI "As Olimpíadas dan moito xogo" e descubrimos unha chea de información curiosa sobre os Xogos Olímpicos. Aprendemos cando comezaron a celebrarse, que probas inclúen cada un deles ou mesmo que non é o mesmo Olimpíada que Xogos Olímpicos. 

Por iso, decimos plasmar todas estes datos nun gran mural que une as dúas aulas, no que colocamos os carteis representativos de cada olimpíada. Para facelo, tivemos que tomar medidas, repartir os espazos... Este foi o resultado!


Ademais, decatámos de que non houbo sedes en todas as edicións, o que nos levou a investigar sobre isto. Descubrimos que as Guerras Mundiais foron as causantes polo que o plasmamos co noso propio cartel no que se pode ler: "o mundo esquece os valores olímpicos".

Excelencia, amizade, respecto! Sempre con nós os valores olímpicos!

28/05/24

SAÍDA DE FIN DE CURSO

O pasado xoves 23 de maio, as nenas e os nenos foron de excursión a Vigo para gozar dunha xornada de convivencia. A primeira parada foi "Humor amarillo" onde tiveron que realizar distintas probas nas que o pasamos en grande.

Tercer ciclo



Despois de repoñer forzas, visitaron a praia de Samil onde fixeron diferentes actividades e xogos deportivos. 

Pasámolo xenial!!!!

29/06/22

DE AVENTURA POR MARÍN

Para despedirmos o curso, o alumnado de 5º de Primaria fomos de excursión a Marín. Pola mañá, fixemos unha andaina fantástica, visitamos os petróglifos de Mogor e xogamos na praia.  Pola tarde,  no Ecoparque de Marín, vivimos unha experiencia súper emocionante en contacto coa natureza. Divertímonos a tope nas tirolinas e percorremos unha chea de circuítos de aventura, situados nas copas das árbores.

PASÁMOLO XENIAL ! ! ! 


VIAXE A CORTEGADA

As mozas e mozos de 6º de Primaria fixemos unha viaxe de fin de curso á illa de Cortegada, que está situada ao fondo da ría de Arousa, frente ao pobo de Carril. Cortegada é un dos grandes tesouros naturais das Rías Baixas, a máis pequena do Parque Nacional das Illas Atlánticas pero a que ten un dos bosques de laurisilva máis grandes de toda Europa. 

Para chegarmos a Cortegada, fomos en bus dende o colexio ata Carril. Alí, exploramos e investigamos na praia a pracer. Ao encher a marea, collemos unhas lanchas e, en menos que canta un galo, xa estabamos todos pisando a illa. Fixemos unha ruta guiada chulísima! Ademais de enterármonos dunha chea de cousas sobre a súa Historia, lendas e costumes, escoitamos o canto dun montón de paxariños diferentes, gozamos co recendo deste gran "bosque flotante" e ata puidemos bañármonos e todo. 

Unha viaxe inesquecíbel ! ! !


15/06/21

EXCURSIÓN FIN DE CURSO!

O alumnado de 6º despediu o curso e a súa etapa na Educación Primaria cunha excursión ao grande.

Pola maña fixemos unha ruta dende o porto de Aguete ata o banco de Loira, onde repuxemos forzas. 

Logo, dirixímonos ao Lago de Castiñeiras e alí realizamos xogos, xantamos e fixemos unha chistosa entrega de premios.

Pola tarde visitamos o Ecoparque de Marín, onde nos divertimos moitísimo nas tirolinas, combinando equilibrio, forza, destreza e auto-control para superar as diferentes probas.

Despois do esforzo, merendamos á sombra duns carballos para facer fronte á calor e voltamos para a casa cheos de adrenalina e cantando a pleno pulmón.

Foi un día para o recordo tanto para as mestras como para os rapaces e rapazas. 

                                    PASÁMOLO XENIAL!!!







                         

              





                                                                

                                                                    


17/12/20

Ciencias divertidas!

Para traballar os contidos deste trimestre nas áreas das Ciencias da Natureza e Ciencias Socias, dun xeito máis divertido e dinámico, o alumando de 6º creou estes vistosos traballos.

Porque a mellor forma de aprender sempre é divertíndose! 






25/11/20

"AMONG US"

Aproveitando o videoxogo de moda , "AMONG US", o alumnado de 6º A decorou a súa porta con moito entusiasmo.

Ao longo do curso seguiremos traballando con este recurso, adaptando a temática do xogo aos contidos para levar a cabo diversas actividades, xa que é un gran elemento motivador para os nosos rapaces e rapazas.

A parte de #Amables #Máxic@s #Optimistas #Naturais #Guap@s #Únic@s e #Simpátic@s somos uns e unhas #Artistas... Non credes?



28/04/20

AS MENINAS XOGAN AO TRIVIAL EN BARRO

Na nosa viaxe virtual destes días, nas aulas de 6º de Primaria chegamos ao Museo do Prado, un dos tres museos do Triángulo de Ouro das Artes que se atopa en Madrid.

Un dos cadros máis visitados do Prado é "La familia de Felipe IV” de Diego Rodríguez de Silva y Velázquez, máis coñecido como "Las Meninas", que foi o centro das nosas tarefas e investigacións.

Unha das actividades que propuxemos ao alumnado para rematar o proxecto e facelo dun xeito máis lúdico, foi o xogo titulado "As Meninas xogan ao trivial en Barro".

Nel, as titoras de 6º curso e o profe Miguel do Programa Arco, deseñamos un taboleiro e unhas tarxetas con preguntas tipo trivial sobre o cadro, para que poidamos xogar en familia.


Podedes acceder ao taboleiro coas instrucións e as tarxetas no seguinte pdf:

Que o desfrutedes!!

Porque xogando tamén se aprende!!

#euquedonacasa

04/12/18

QUERES SABER MÁIS SOBRE A XEOGRAFÍA DE EUROPA?

Para que sigades practicando ou ampliando os vosos coñecementos sobre Europa, propoñémosvos un portal sobre a xeografía europea: Toporopa.

(Preme no nome do portal ou na imaxe para acceder á páxina)

Alí atoparedes moitos xogos, puzzles, pasatempos e mapas sobre os países, os ríos, os sistemas montañosos, as bandeiras, as capitais ou as illas de Europa.

Animádesvos a botar unhas partidas?


24/03/18

O LADO DIVERTIDO DAS CIENCIAS

Este curso os nenos e nenas de 5º de Primaria estamos a traballar as Ciencias dun xeito diferente.

Neste trimestre traballamos o corpo humano a través da elaboración duns lapbooks (libros de solapas) dos sentidos.



Para elo:
  • Recompilamos a información necesaria para saber cales son as partes de cada sentido.
  • Completamos un debuxo coas partes máis importantes.
  • Explicamos cal é o órgano do corpo que lle corresponde a cada sentido.
  • Investigamos sobre como o corpo recolle esa información do exterior e como o órgano do sentido a envía ao cerebro.

  • E, finalmente, cada un de nós elaborou un lapbook que recolle todo este traballo.

Tanto gusto lle collemos que, para completar o estudo do corpo humano, fixemos uns xogos dos ósos e músculos do corpo empregando etiquetas adhesivas que nos permiten aprender xogando cales son os ósos e músculos máis importantes.


ESTAMOS FEIT@S UNS E UNHAS ARTISTAS!!


07/02/18

A CORRIDA DO GALO


  Hoxe, día 7 de febreiro, fomos ao patio de 1º e 2º para facer o xogo tradicional da Corrida do Galo.
  
  Alí estaban Pilar Álvarez (encargada da Biblioteca pública) e Amelia Cancela (Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Barro), quen nos contou como se facía este xogo tradicional e o porqué do seu nome. 
   
   Antigamente colgaban un galo e pegábanlle co pau dun sacho e quen atinaba nel, gañaba un galo vivo.


   Hoxe, substitúese o animal por unha tira de laranxas cravadas nunha vimbia, que hai que batear ata que caian.

   Cando rematamos de tirar a derradeira laranxa, sacamos fotos e déronnos un agasallo de chucherías.

   Despedímonos de Pilar e Amelia e fomos para a clase. Pasámolo moi ben!



07/10/14

ENTRENAMIENTO DE ORTOGRAFÍA

     A partir de la página 4 de este LIM nos encontraremos con un montonazo de actividades y juegos para aprender a escribir sin faltas de ortografía.
      ¿ Entrenamos ? ¡¡ Venga campeon@s !!


24/07/14

PORTAL DAS PALABRAS

Máis de 100 xogos para achegarmos ao mundo das palabras galegas. Anímate a probar!


VISITAS