Amosando publicacións coa etiqueta curso 2024-25. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2024-25. Amosar todas as publicacións

24/05/25

SAÍDA Á ILLA DE ONS

O venres 23 de maio o alumnado de 5º e 6º realizou unha saída didáctica á Illa de Ons para gozar dun día de convivencia e aprendizaxe neste singular paraíso que da Ría da Pontevedra. 

Despois de coller o bus, o primeiro que tiveron que facer foi esperar pacientemente ao barco que os levaría de paseo pola ría.


Unha vez que chegaron á illa, repuxeron forzas e as estupendas guías fixéronlles unha rota na que explicaron datos moi interesantes. Sabiades que os habitantes de Ons non teñen luz todo o día pero si un gran faro que alumea toda a ría? Coñeciades as especies da flora e da fauna propias da illa? Pois eles/as son uns auténticos expertos e expertas!


Despois de comer, estiveron xogando na praia. A pesar das queixas de que estaba algo fresquiña a auga, case todas e todos acabaron metidos nela! 


O paseo de volta tamén foi espectacular e ata a tripulación do barco puxo música. En resumo, 

🏝🛥 pasámolo xenial! 🌞🏖

27/03/25

SAÍDA Á CIDADE DA CULTURA

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º acudiu á Cidade da Cultura para participar no VII Congreso de Innovación na Formación Profesional no que, ademais de gozar dunha xornada de convivencia, aprenderon unha chea de cousas. 

Participaron en diferentes postos e obradoiros nos que adquiriron nocións básicas sobre automoción, alfarería e mesmo cosmética natural; a importancia das medidas para crear diferentes propostas alimentarias ou téxtiles ou os beneficios da realidade aumentada en diferentes oficios. Ademais, puideron levar algunhas das súas creacións para casa (e outras chegarán quentiñas nuns días)! 






Queres saber máis? Accede a esta ligazón https://www.edu.xunta.gal/fp/congreso-fp-innova

 


29/11/24

CINE DE BARRO: PDI EN 6º

Durante estes dous meses que levamos, as nenas e os nenos de 6º estivemos facendo moitas actividades relacionadas co noso PDI de este curso: o cine!

Escribimos investigamos sobre as orixes do cine, aprendemos sobre películas coñecidas, fixemos reseñas sobre as nosas películas favoritas e mesmo... Pensamos en que cousas podería levar a película da nosa vida! 





Estade atentas e atentos sobre os nosos avances porque o proxecto continúa!

VISITAS