Amosando publicacións coa etiqueta ALIMENTACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ALIMENTACIÓN. Amosar todas as publicacións

13/05/21

A RODA DOS ALIMENTOS

O alumnado de 5º curso de Educación Primaria estivemos informándonos sobre o tema da alimentación e descubrimos que alimentos son saudables e cales non.

Decidimos facer unha roda dos alimentos a partires da información que fomos investigando e ao final confeccionamos uns bonitos manteis. 








Quedaron estupendos!!!!!!

17/02/20

CREAMOS UN MENÚ SAUDABLE!

Rematamos o proxecto sobre a alimentación coa creación dun gran menú saudable entre 5º e 6º curso.


Para elaboralo, reunímonos na Biblioteca e puxemos en común as nosas "comidas" saudables, baseándonos nas compras que realizamos na saída a Eroski


    

 Ao final, fixemos unha foto coa nosa gran pirámide dos alimentos.



02/02/20

SAÍDA A EROSKI

O xoves pasado as mozas e mozos de 5º e 6º de Primaria fixemos un percorrido por un coñecido supermercado co fin de buscar produtos saudables. Ademais, como tiñamos un presuposto, aprendemos a comparar prezos e a valorar as cantidades que precisabamos.

Pasámolo en grande!!!



Moitísimas grazas!!!


06/03/18

MELLOR PREVIR QUE CURAR

      O día 27 de febreiro con Julia Búa Núñez, técnica en prevención de drogodependencias e coa cofinanciación da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, fixemos actividades sobre a prevención de malos hábitos como son as drogas: tabaco e alcol.

Vimos un vídeo sobre o malo que é fumar e que pode provocar enfermidades, como o cancro de pulmón.


O día 28 de febreiro, para rematar o obradoiro, fomos ao comedor e falamos sobre o alcol.

    Falamos sobre as bebidas malas e boas para o corpo. Logo fixemos cócteles sen alcol e invitamos ao alcalde e ao director a probar  os nosos cócteles. Un pracer Julia!!!    

                                             Alumnado de 6º.


                                                                             

28/01/18

DE VISITA AO CONCELLO

   O día 24 de xaneiro, todo o alumnado do centro, fomos ata o Concello de Barro, onde nos esperaban:  o alcalde, Xosé M. Fernández Abraldes, Julia Búa, Amelia Cancela e Isabel Álvarez, para entregarnos os Calendarios Saudables de 2018.

   Faláronnos da importancia de levar unha vida saudable en alimentación e deporte para estar sans e enfermar menos.
   O calendario está feito cos debuxos gañadores de nenos e nenas dos concellos de Barro, 
Cuntis, Moraña e Portas. 
   Gustounos moito o agasallo e poder ver os debuxos dos compañeiros do noso cole e doutros.

    Alumnado de 5º e 6º.




03/10/14

HÁBITOS SAUDABLES

     Secuencia didáctica para traballar a adquisición de hábitos de saúde e hixiene, así como o coñecemento de medidas de seguridade na actividade física a través de diferentes xogos de lectoescritura, asociación e atención:


14/01/14

CARNÍVOROS, HERBÍVOROS E OMNÍVOROS

CADENA ALIMENTICIA


RELACIÓNS ENTRE SERES VIVOS

Sociedades, colonias, canibalismo, mutualismo, comensalismo, depredación, parasitismo, competición...

MUTUALISMO, COMENSALISMO E PARASITISMO

RELACIÓNS ALIMENTARIAS NOS ECOSISTEMAS

VISITAS