Amosando publicacións coa etiqueta VOCES MULLERES b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VOCES MULLERES b>. Amosar todas as publicacións
28/06/18
Mulleres imprescindibles galegas.
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
CONMEMORACIÓNS,
Curso 2017-18,
DÍA DA MULLER TRABALLADORA,
EDLG,
ESCRITORAS,
INVESTIGACIÓN,
LINGUA GALEGA,
PRODUCIÓNS PROPIAS,
VOCES MULLERES
12/06/18
EXPOSICIÓN VOCES DE MULLERES
Rematamos o noso Proxecto Voces de Mulleres expoñendo as nosas investigacións aos compañeiros e compañeiras do centro.
En 5º curso investigamos a Emilia Pardo Bazán (escritora), Susana Seivane (música) e Ángeles Alvariño (bióloga).
En 6º, investigamos a María Mariño (escritora), Antonia Ferrín Moreiras (astrónoma) e Cristina Castro (pintora)
Resumimos as imaxes neste vídeo:
Máis información sobre o proxecto no blog da biblioteca:
Etiquetas:
ALFIN,
BIBLIOTECA,
CIENCIA,
CONMEMORACIÓNS,
CURSO 2017- 18,
EDLG,
LECTOESCRITURA,
LETRAS GALEGAS,
PDI,
PRODUCIÓNS PROPIAS,
VIDEOS,
VOCES MULLERES
02/06/18
AMALUNA Cirque Du Soleil
AMALUNA é un espectáculo da compañía canadiense Cirque du Soleil que rende tributo ao traballo e á voz da muller. A súa directora é Diane Paulus, a banda sonora está a cargo integramente de mulleres e o elenco é maioritariamente feminino.
29/05/18
ANAGNÓRISE
Temazo da Banda da Loba inspirado no "Anagnórise" de María Victoria Moreno!
Unha anécdota: O videoclip inclúe retrincos no mesmiño estudo de gravación onde o grupo musical A Gallofa do IES e CEIP Amor Ruibal de Barro gravou a finais do curso pasado a súa canción "Reciclar é xenial". Unha experiencia, sen dúbida, inesquecíbel!
25/04/18
DÍA DO LIBRO
O día 23 de abril de 2018, os alumnos e alumnas de 6º fomos ler uns libros aos nenos e nenas de 1º A de primaria (fixemos de padriños e madriñas de lectura). Toda primaria participou: cadaquén cos seus afillados e afilladas. Cada un e cada unha de nós lémoslle un conto a un neno ou nena. Ao rematar, fixémoslles preguntas sobre o libro e sabíanas todas; notouse que estiveron moi atentas e atentos. Pasámolo moi ben!
16/03/18
CHARLA: EVA CALDAS RUIBAL
O martes 13 de marzo, dentro das actividades programadas no noso cole na semana "Do 8 ao 18" de marzo, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibimos a visita de Eva Caldas Ruibal, Inspectora de Seguridade Marítima na Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa, e nai de Nahuel e Gabriel, que tamén son alumnos do noso colexio.
Ao alumnado de 5º tocounos estrearnos como reporteir@s e a nosa compañeira África Lede Zarco redactou así esta interesante charla.
"Eva Caldas Ruibal ten 39 anos. Cando era unha nena, ía ao colexio a Santa María de Xeve. Hoxe aínda existe o edificio, pero agora é unha biblioteca pública.
A ela gustáballe moito xogar ao fútbol e os nenos deixábanlle xogar. Pero cando tiña 13 anos organizouse un torneo de fútbol na súa parroquia. Ela quería xogar nese torneo e para poder facelo tivo que formar un grupo de fútbol feminino.
O seu padriño sempre lle contaba historias de barcos e ese mundo gustáballe tanto que, chegado o momento de ir á universidade, decidiu estudar na Escola Superior de Marina Civil na Universidade da Coruña entre os anos 1996 e 2001. Este era un mundo de homes e na súa clase eran 60 chicos e só 8 chicas.
Cando terminou na facultade, traballou dous anos e o seguinte ano, no mes de febreiro, deixou de traballar e comezou a estudar porque había oposicións para subinspectora. A primeira vez que se presentou suspendeu, pero uns meses despois volveuno tentar e aprobou. Tivo moita sorte porque, das 7 prazas que había en toda España, ela conseguiu unha. Fíxose Subinspectora de Seguridade Marítima e tivo que ir traballar a Bilbao.
Como todos os señores que traballaban alí tiñan uns 50 anos e ela só tiña 25, non lle deixaban saír a inspeccionar os barcos e durante meses tivo que traballar detrás dunha mesa. Cando empezaron a sacala ao mar, foi cando descubriron que ela era moi boa nese traballo, e cando lle fixeron a cea de despedida porque se trasladaba á Capitanía Marítima de Vilagarcía, o seu xefe pediulle desculpas por deixala a un lado tan só por ser muller.
Hoxe en día é Inspectora de Seguridade Marítima na Capitanía de Vilagarcía de Arousa e fai inspeccións a barcos moi grandes como petroleiros, barcos de peixe, etc.
E cando unha embarcación se afunde, o barco envía unha mensaxe aos ordenadores onde ela traballa e os traballadores do barco lanzan unha sinal que bota un fume laranxa para que o helicóptero e as embarcacións de rescate saiban onde está o barco".
MOITAS GRAZAS EVA POR VIR CONTARNOS COUSAS TAN INTERESANTES!!
Etiquetas:
8M,
ALFIN,
BIBLIOTECA,
COLABORACIÓNS,
CONMEMORACIÓNS,
CURSO 2017- 18,
DÍA DA MULLER TRABALLADORA,
FAMILIAS,
LINGUA GALEGA,
MULLER,
PDI,
PROXECTOS,
VISITAS,
VOCES MULLERES
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





