Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIMENTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIMENTOS. Amosar todas as publicacións

28/01/23

MISIÓN ALBA

Dende o primeiro trimestre, o alumnado de 5º de Primaria está participando na MISIÓN ALBA, un proxecto do centro científico Sincrotón ALBA, situado preto de Barcelona.

O Sincrotón ALBA é un centro no que se crea luz de Sincrotón, empregada para moitas investigacións científicas como o desenvolvemento de novos materiais, a loita contra diversas enfermidades e a creación de novos alimentos.

A MISIÓN ALBA é o proxecto de colaboración das persoas científicas cos centros escolares de todo o estado. Elas propoñen unha serie de desafíos científicos de experimentación con diferentes fontes de luz para comprobar as propiedades da materia e, de paso, axudar a construír novas vocacións científicas!

Todas as actividades seguen o método científico e, incluso, están dispoñibles en todos os idiomas do estado. O alumnado tamén dispón de videoconferencias para coñecer de primeira man a científicas e científicos relevantes así como o seu traballo.

Cada trimestre, a organización realiza un sorteo entre todos os centros escolares participantes, e o pasado mes de decembro... as nosas nenas e nenos gañaron o primeiro premio!!!

Tras unha longa espera... por fin chegou o agasallo en forma dunhas chulísimas camisetas!!!


MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!

Se queredes saber máis desta aventura científica, non tedes máis que visitar a páxina do proxecto no seguinte enderezo: https://www.misionalba.es/gl


13/10/22

DESCUBRINDO UN MINIMUNDO

Esta semana, as rapazas e rapaces de 5º descubrimos un mundo microscópico!

Nas clases de Ciencias da Natureza estamos a estudar as diferentes formas que poden ter os seres vivos e, para aprender, non hai mellor xeito que experimentar.

Primeiro, familiarizámonos co microscopio, as súas partes e o seu funcionamento. Logo, preparamos unha tinción de cebola e puidemos ver as súas células cos seus núcleos. Tamén observamos larvas e ás de insectos, musgo e, incluso, unha gota de auga estancada, na que comprobamos que tamén hai vida!

Existe ao noso redor todo un universo!






22/04/21

EXPERIMENTAMOS!

Aproveitando o bo tempo,o alumnado de 6º curso, estivo realizando
experimentos ao aire libre. 

Os compañeiros e compañeiras que trouxeron de forma voluntaria o seu  equipo científico, viñeron cargados de materiais e motivación para sorprender ao seu  público.

A clase resultou moi divertida e dinámica. Repetiremos seguro!








18/03/20

A IMPORTANCIA DE LAVAR BEN AS MANS

Hai uns días, cando empezabamos a escoitar iso do coronavirus, na clase de quinto decidimos facer un pequeno experimento sobre se era importante ou non lavar as mans. Cada un dos equipos tivo varias opcións: lavar as mans co xabón que temos na casa ou co que leva alcol, poñer as mans no chan, pasar as mans pola mesa... Despois disto, puxemos os dediños nunhas placas de laboratorio que tiñan unha xelatina e apuntamos o que metemos dentro.


Diariamente fomos apuntando se aparecía algo ou non.


O resultado final foi este!!!




Chegamos á conclusión que o xabón do cole (o mesmo que temos na casa) é o máis efectivo para a loita contra os microorganismos como os virus e as bacterias.

Así que todas e todos a lavar as mans con frecuencia!!!


21/02/20

EXPERIMENTO DE CIENCIAS

Esta semana a profe Pachú veu visitarnos ás aulas de 6º para ensinarnos un experimento de Ciencias.

Contounos que era quen de colocar unha mesa apoiada sobre cilindros de cartón.


E non só iso... Coa mesa en equilibrio, fomos subindo a ela de un en un.


Chegamos a subir 9 alumnos e alumnas de 6º e tamén o profe Miguel... e os cilindros (que eran uns trinta) soportaron o noso peso.


Quedamos marabillados!!

Moitas grazas profe Pachú por compartir con nós as túas experiencias!

10/01/14

OBTER PETRÓLEO DAS ALGAS

O petróleo é o resultado da descomposición da materia orgánica que está baixo terra. É un proceso que leva millóns de anos. Pero uns enxeñeiros descubriron a maneira de obter o petróleo en laboratorio en menos dunha hora!!

http://www.microsiervos.com/archivo/ciencia/proceso-convierte-algas-petroleo-crudo-una-hora.html

VISITAS