Amosando publicacións coa etiqueta NORMALIZACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NORMALIZACIÓN. Amosar todas as publicacións

13/10/22

EU EN GALEGO, A MIÑA LINGUA GUAPA

O alumnado de 6º de Primaria colaborou o curso pasado no proxecto #LinguaGuapa da Real Academia Galega coa gravación duns minivídeos de situacións cotiás nas que as mozas e mozos utilizan e animan a utilizar a lingua galega. Un destes vídeos podémolo ver xa no espazo #PrimaveraDasLetras.

Moitísimos Parabéns!!!


21/06/22

PRIMAVERA DAS LETRAS

Fermoso mural cheíño de palabras senlleiras e con moito encanto, escollidas e decoradas dun xeito ben fermoso polo alumnado de 5º de Primaria.


MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO!!!


25/02/19

DÍA DE ROSALÍA 2019

Este ano, a `Alborada´ de Rosalía de Castro centralizou no colexio os actos máis destacados para conmemorar o seu 182 aniversario. Primeiro, fixemos unha gravación do poema recitado, coa participación de todo o alumnado de Infantil e Primaria. Quedou fenomenal! Podedes velo aquí:

E, como prato forte, asistimos no ximnasio á interpretación da `Alborada´ a cargo de Felipe e Inés, que son o pai e a nai de Fiz, un neno de Infantil. Estivo xenial!!!

Moitísimas grazas!!!

Botádelle un ollo ao vídeo da actuación premendo no seguinte enlace:


26/11/17

25N



  O alumnado do CEIP Amor Ruibal, xunto coa corporación municipal do Concello de Barro, ANPA  e todas aquelas persoas que se achegaron ao lugar, fixemos un acto lembrando o “Día Contra a violencia machista contra a muller”, que se conmemorou o 25 de novembro.

  Alí expuxemos o noso malestar sobre o tema con frases de repulsa en contra desta violencia que remata coas vidas de tantas mulleres en Galicia e en todo o mundo. Tamén plasmamos ditas frases nun mural.

  Aquí vos deixamos unha mostra do acto, que rematou cunha coreografía bailada por todos e todas alí presentes.
                                                                                    

   Gracias a todas e todos por asistir e manifestar así o rexeitamento da violencia en todas as súas formas.

 
                                     Alumnado de 5º e 6º de primaria.





24/10/17

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

      Lorena, Andrea, Bea, Adriana, Nerea, África e Yadire (alumnas de 5º curso) asistiron hoxe, Día da Biblioteca, á primeira xuntanza do Club de Lectura. Unha pantasma branca, de Fina Casalderrey, foi o libro que elixiron para principiar esta andaina que, esperamos, sexa moi pero que moi feliz.


     Máis información no blog da nosa Biblioteca:


   

12/01/17

CLUB DE LECTURA

     As reunións do club de lectura están sendo todo un éxito!
     Sentad@s na alfombra da biblio, charlamos animadamente sobre o libro que estamos a ler.

Máis información no blog da nosa Biblioteca:


06/12/16

MES DA CIENCIA EN "BARRRO"

     No seguinte vídeo podedes ver un resumo das actividades que desenvolvemos na nosa Biblioteca co motivo da conmemoración do Mes da Ciencia en Galego, e que xiraron en torno ao Proxecto Documental Integrado "BaRRRo".




05/12/16

CONSTITUCIÓN DO CLUB DE LECTURA

     Este luns, día 5 de decembro, a nosa Biblioteca pechouse na hora do recreo para o grupo de alumn@s apuntados ao Club de Lectura. Foi todo un acontecemento para nós que agardabamos hai tempo! 

     O primeiro libro que decidimos ler é Mago por casualidad de Laura Gallego.

Máis información no blog da nosa Biblioteca:




VISITAS