29/04/14

SAÍDA AOS MUÍÑOS DA BAROSA

O venres 11 de abril @s alumn@s de 5º e 6º fixemos a pé o Camiño de Santiago que vai dende preto do colexio ata os muíños da Barosa, moi ben acompañados por membros de Protección Civil do Concello.






No muíño máis grande agardaban María, Germán e Sandra para explicarnos a historia dos muíños, as súas partes e o seu funcionamento; o proceso relativo á obtención da fariña, os distintos tipos de cereais utilizados e o funcionamento do forno de pedra.








Logo da merenda e de xogar un pouco, participamos nun taller de pan con Gonzalo, que é panadeiro. Aprendimos moitísimo!!





Antes de subir ao autobús para voltar ao cole, agasalláronnos cun moletiño de pan que estaba para chuparse os dedos.
Moitísimas grazas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS