13/05/14

A CARRASQUIÑA

En "Ás de mosca para Anxo" ten moita importancia a expresión e recepción de sentimentos positivos. De modo que, na clase de música, non dubidamos en poñelos en práctica cantando, danzando e, sobre todo, divertíndonos coa Carrasquiña. Esta danza pertence ao grupo de xogos de roda e bailes de Galicia que se facían nas rúas ou en momentos de descanso do traballo cotián. Como é moi doada préstase para que grandes e pequenos gocen de igual xeito. Mirade que ben o fan @s nos@s compañeir@s:

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS