SÉS estará connosco en vivo e en directo para recoller o VI Premio MIMI !!!
CANTO AQUÍ, CANTO NA HABANA
(Do CD de SÉS: Co xenio destrozado)
Canto aquí, canto na Habana
Canto aquí, canto na Habá
E como canto tan ben
Canto onde me peta
Agora comezo eu
E comezo por comezar
A que primeiro comeza
Primeiro ha de acabar
Canto aquí, canto na Habana,
Canto e onde me peta (x4)
Hei de cantar aquí embaixo
E hanme sentir arriba
Para que diga miña nai
Esa é a miña filla
Eu se canto fago ben
Eu se canto fago ben
Canto pola miña gorxa
E non pola de ninguén
Canto aquí, canto na Habana,
Canto e onde me peta (x4)
E agora que me puxeron
Esta guitarra na man (bis)
Se me petan na cabeza
Canto de aquí a mañán (bis)
Somos de Galiza somos
Non o podemos negar (bis)
Que nos conocen na fala
E no modo de cantar (bis)
Canto aquí, canto na Habana,
Canto e onde me peta (x4)
(Fragmento de Castelao)
Vou a dar a despedida
Vou a dar o parabén (bis)
Vou a dar a despedida
que ma dan a min tamén (bis)
Canto aquí, canto na Habana,
Canto e onde me peta (x4)
Canto no sur e no norte
Canto de aquí e de acolá
Que o sinta a xente da Habana
De Vigo de de Bogotá
Somos máis perto que lonxe
Somos pobo, somos chan
Semente de liberdade
Para vivir como irmáns
Ningún comentario:
Publicar un comentario