Nós, @s alumn@s de 5º, preparamos unhas preguntiñas para facerlles a Tomás Lijó (Fabián Santomé) e a Suso Alonso (Suso Pián) do grupo "OS DA RÍA" o día da entrega do VII Premio MIMI. Con tal motivo, mantivemos un emocionante encontro con eles e responderon moi gustosos a todas as nosas inquedanzas.
- Como decidistes cambiarvos os nomes? Por timidez. Como Fabián, non tiña vergoña, pero como Tomás Lijó, si. Entón, decidimos cambiar os nomes para que cadrasen coa súa personalidade.
- Se tivésedes que escoller unha canción para adicarlle ao rei, cal sería? Elixiríamos Infanta Elena porque ten relación coa familia. E se tivéramos que compoñer unha, chamaríase Felipe VI ou Felipito.
- As vosas familias están dacordo coas vosas profesións? Primeiro, o meu pai non estaba dacordo que fose por letras porque naquel momento as ciencias estaban mellor consideradas. E cando empecei a cantar pensou que ía deixar os estudos, pero logo decatouse de que non.
- Cando erades xóvenes, gustábavos a música? Si, moito.
- Antes de adicarvos á música, que faciades? Eu (Tomás Lijó) estudaba xornalismo na universidade; e eu (Suso Alonso), coa vosa idade xa tocaba o "pián".
- Onde formastes o grupo? En Santiago, porque era alí onde estudiabamos.
- Contades con axuda para compoñer as cancións? Non. Contamos só coa nosa capacidade.
- Por que lle puxestes ese nome á banda? Ten que ver co grupo "Los del Río", porque somos moi parecidos. Eles defenden Andalucía e nós, Galicia. E ademais en Galicia hai moitas rías.
- Antes de formar a banda, coñeciádevos? Arturito e Fabián si, na facultade. Despois coñecimos a Suso na Sala Nasa e, ao través del, fomos coñecendo a todos os demais.
- Como se vos dou por facerlle unha cantareliña á Infanta Elena? Fixémoslla porque parécenos ridículo que, por formar parte da familia real, sexa máis importante. E na canción é coma se fose calquera de nós. Escollémola a ela porque é a única desa familia que non ten problemas.
- Cal foi o premio máis importante que recibistes? O Premio MIMI, porque é o que máis nos emocionou e é unha experiencia única e moi importante.
- Canto tempo vos leva compoñer unha canción? Hai algunhas que só tardamos un minuto porque son moi repetitivas. Por exemplo: Infanta Elena, Se me dan a escoller un país ou Chin chin polo borrachín. Algunha vez grávome no coche e mándolla a Suso.
- En que vos inspirades para escribir as cancións? En todo, sobre todo nas nosas vivencias, nas nosas experiencias. É unha razón para facer cancións cómicas.
- Cal foi a cantareliña que máis vos custou facer? Foi Bicos, bicos. Tanto nos custou que aínda non a temos de todo feita.
- Como decidistes formar unha banda? En realidade, non o decidimos, só queriamos facer música e, sobre todo, defender o "galegueiro".
- Fixestes algunha canción sobre a vosa vida? Non, porque a nosa vida non nos parece moi interesante como para facer unha canción.
- Cal foi a primeira canción que fixestes? A primeira canción que fixemos foi Infanta Elena.
- Cando erades pequenos, gustábavos ir á escola? Non moito, porque non tivemos a sorte de que nos tocaran unhas profesoras tan divertidas . . . Pero, ao final, iamos contentos porque entendiamos que tiñamos que ir.
- Actuastes algunha vez fóra de Galicia? Non, bueno . . . só unha vez durminos en Portugal. Pero temos ganas de facer unha xira por Cataluña.
Logo da entrevista, fixemos unha sesión fotográfica ao "George Bush".
¡ ¡ ¡ Que paveros ! ! !
¡ ¡ ¡ MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! !
Ningún comentario:
Publicar un comentario