20/11/15

SOMOS MESTRES E MESTRAS

     Os días cinco, seis e dez de novembro @s alumn@s de 6º fomos ás aulas de Infantil e de 1º e 2º de Primaria para aprenderlles aos nenos e nenas a cantar e bailar "O noso magosto" e facer uns cucuruchos para as castañas que iamos tomar na celebración da festa no colexio. (CARLA)

      Fixémolo en tres días porque eran moitas clases ás que tiñamos que ir (en total nove). Ademais, distribuímonos en grupos, de xeito que tod@s estabamos traballando ao mesmo tempo pero con distint@s nen@s. (AMANDA P. M.)

    As nosas mestras sabían que algúns de nós tiñamos irmáns ou curmáns pequenos e tivérono en conta á hora de facer os grupos. Eu, por exemplo, teño un irmán en segundo e tocoume ir á súa aula. Púxenme moi contento porque sabía que a el íalle facer moita ilusión. Cando entramos, algúns nenos gritaron "O irmán de Hugo!". El non dixo nada porque ten moita vergoña pero eu sabía que lle gustaba verme alí. (BRAIS)


     Ao principio eu estaba tan emocionado como nervioso. Os nenos e nenas non me coñecían pero, despois, todos sabían o meu nome e querían bailar comigo. Ao pouco xa aprenderon a canción porque a súa profe xa lles puxera a gravación que fixeramos e que colgamos en Youtube, así que axiña pasamos ao taller de cucuruchos. (JUAN)

    Uns nenos tiñan moitas ganas de aprender e seguíannos moi ben; outros, cansábanse, querían sentarse e non cantaban ni bailaban... Era un pouco desesperante porque non facían caso. (VERA)


     Había nenos e nenas vergonzos@s, algúns que soamente miraban e outr@s que nos facían morrer coa risa. Paseino pipa pero dígovos unha cousa: Non teño pensado ser mestre na vida! (ÁLVARO)

     Eu fun a unha das clases de catro anos. Alí atopeime co meu curmán David e resulta que estaba de aniversario así que, ademais, cantámoslle o Aniversario feliz. Que contento quedou! (CARLA)

    Unha das miñas anécdotas máis graciosa foi que unha rapaza, chamada Sara, andaba sempre detrás de min, abrazándome e dicíndome que eu era a súa mellor amiga. A verdade é que eu non a coñecía de nada. (AMANDA P. M.)


     Para min foi un orgullo participar nesta experiencia. É unha das mellores da miña vida porque a min, persoalmente, encántanme @s nen@s. Gustaríame volver a repetila sen ningunha dúbida. (ELIA)                                                                                                                             
     Paseino moi ben. Foi para min un pouco difícil, pero tamén divertido. Quero repetir outra vez porque gústame axudar nas cousas que non saben os demais. (YOUSSEF)

    Gustoume moito ser mestra porque todos os rapaces eran moi bos con nós. Os cucuruchos quedáronlles moi bonitos cuns debuxos que fixeron, e nós tamén lles axudamos a recortalos e a pegalos. (MARTA)


     A miña opinión desta experiencia é moi boa xa que os nenos e nenas  atendían e traballaban moito. (PEDRO)                                                                                                                                                    
     A miña experiencia como profe é moi boa. En xeral, os nenos e nenas de tres anos portáronse moi ben aínda que, ás veces, falaban e tamén rían. Unha vez feitos os cucuruchos, eles pintáronos e nós axudámoslles a escribir neles o seu nome. Eu, aínda que sabía os seus nomes, preguntáballes igual e eles dicíamo. (NEREA G.)

     A miña opinión é que @s cativ@s son moi listos. Divertinme moito e espero volver outro día. (AMANDA P.)


   Foi unha experiencia alucinante porque fixen de mestre e comprobei que os nenos e nenas aprenderon a facer cucuruchos e a cantar grazas a nós. (TOMÁS)

    A min esta experiencia gustoume moito porque tivemos a ocasión de aprender cómo é un día na vida dunha mestra ou dun mestre de Infantil. Paréceme moi duro: Uns nenos non nos facían caso; outros, ás veces... 
     E dígovos unha cousa: "Colle a vergoña, tíraa ao chan e pisa con todas as túas forzas." (ELENA)
     
   
     A min paréceme ben o que fixemos porque somos os maiores do cole e temos que axudar aos pequenos. (IAGO)

     Os nenos e as nenas portáronse moi ben. Prestaban moita atención ao que diciamos e participaban con nós. Foi unha experiencia fantástica. O que máis me gustou foi que moitos nenos me coñecían e, cando me viron, gritaron o meu nome e déronme un abrazo. (PAULA)
    

     Fixemos esta actividade porque queriamos que os nenos e nenas de Infantil disfrutaran do Magosto cantando unha fermosa canción. Ademais, cos cucuruchos, non quemarían os dedos.
     Creo que eles pasárono xenial e nós, fenomenal. Si, gustoume moito ser profe e aprendín que as profes teñen moitas experiencias para ensinarnos. (ÁNGEL)

     A verdade é que resulta divertido falar c@s nen@s pequenos. Pasámolo moi ben tod@s xunto@s! (CATE)                                                                                                                                             

     Pasámolo moi ben porque os nenos e nenas eran como espellos e, enseguida, imitaban o que nós faciamos. (LUCÍA)


    Aínda que había algún rapaz traste, paseino moi pero que moi ben. Foi, para min, unha experiencia inolvidable. (CARLA)                                                                                                                                            
     Ai! Os nenos pequenos son moi divertidos.
   Paseino xenial. Gustoume tanto a actividade que repetiría encantado. (BRAIS)


     Os nenos e nenas quedaron moi contentos aprendendo de nós e nós ensinándolles a eles. Pero a verdade é que nós tamén aprendemos bastante deles; quero dicir, que alguén que ensina pode aprender moitas cousas, tanto a ensinar como a escoitar a outra persoa, preguntándoche e, ás veces, correxíndoche. O caso é que eu paseino moi ben e síntome moi satisfeita co meu traballo. (AMANDA P. M.)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS