Dende o pasado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º participamos na biblioteca nun xogo de pistas moi pero que moi interesante. Partindo dunhas imaxes (unha por día) tiñamos que contestar a unha serie de preguntas que nos levaban a investigar sobre a vida e a obra de mulleres que, co seu traballo, fixeron e seguen a facer Historia. Cada día esperabamos impacientes unha nova imaxe para desplegar as nosas dotes de detectives.
(Máis información: No blogue da nosa biblio, premendo na imaxe)
Ningún comentario:
Publicar un comentario