09/04/16

VISITA ARTÍSTICA EN PONTEVEDRA

     O venres 1 de abril @s alumn@s de 5º e 6º achegámonos ata Pontevedra para seguir aprendendo dun xeito diferente.
   En primeiro lugar fomos ata o Café Moderno para participar na visita-obradoiro "ISIDORO BROCOS. ESCULTURA E DEBUXO" da Colección ABANCA.
    Alí recibíronnos Patricia e Jennifer que nos separaron en dous grandes grupos: Por un lado 5º e, por outro, 6º. Ademais, en cada curso fixemos cinco pequenos equipos.


     Na sala destinada a Isidoro Brocos, a cada equipo asignáronlle un nome de gladiador e unha ficha na que había que rexistrar unha serie de datos sobre a vida e a obra de Brocos, mestre de Picasso e un dos grandes artistas galegos do último terzo do século XIX. Logo, tiñamos que expor as conclusión diante d@s demais compañeir@s.


     Na galería do Café Moderno desenvolvemos un taller creativo no que cada equipo tiña que facer unha obra pictórica con elementos xeométricos a partires dun tema dado: Animais, plantas, superheroes, obxectos e figura humana.
     Neste mural podedes ver o resultado dos nosos traballos. Quedaron moi chulos, a que si?


     Entre unha actividade e a outra déronnos as 11:45 h. Mi madriña que fame tiñamos ! Como non chovía, puidemos merendar moi cerca, na praza da Liberdade.


    Foi unha merenda express pois ás 12:00 h daría comezo "ESTAMOS NO VERÁN", un espectáculo musical da compañía SON+D2, para o que reservaramos entradas dende hai meses.
  Sobre o escenario tres músicos, unha cantante e unha bailarina (que animaba ao público) interpretaron moitas cancións con estilos tan variados como pop, rock, jazz ou bossa nova. E tocaron instrumentos como a batería, a guitarra española, a guitarra eléctrica, o baixo e o ukelele.


    Foi divertidísimo ! Cantamos, bailamos, rimos e aplaudimos de boa gana.
   A función rematou con centos de pompas de xabón enchendo o auditorio.

    Pasámolo moi pero que moi ben !     
   

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS