O alumnado de 6º proxectamos a construción dun xoguete eléctrico para descubrir o nome dalgúns bechos raros. Fariamos un total de 6 xogos: Un por cada equipo de traballo. Aproveitando as fichas que elaboramos sobre bechos raros invertebrados, buscamos imaxes deles en diferentes artigos de revistas dixitais.
Logo, coa axuda do ordenador, deseñamos o taboleiro do noso xogo seguindo unha plantilla que nos pasou a profe.
O taboleiro pegámolo nunha caixa de cartón e despois cravamos uns encuadernadores ao lado de cada imaxe e de cada nome.
Dándolle a volta ao taboleiro, unimos con cables cada encuadernador da imaxe coa súa parella do nome.
Fixamos un portalámpadas ao taboleiro e un cable en cada extremo. Nun dos cables colocamos un clip que recubrimos parcialmente con fita adhesiva. O outro cable sería para unir cun dos extremos dunha pila. Ao outro borne da pila suxeitamos un cable con outro clip no seu extremo.
E listo ! Así de sinxela e divertida foi a nosa experiencia como construtores dos xogos CONECTA.
Quedaron moi chulos, a que si?
Probámolos e . . . funcionaban ! Aínda pasamos un bo rato xogando entre tod@s.
Como pensamos que poden ser recursos interesantes para outr@s alumn@s decidimos donalos á Biblioteca do centro e así darlles a oportunidade de aprender xogando e de xogar aprendendo como fixemos nós.
Quedaron moi chulos, a que si?
Como pensamos que poden ser recursos interesantes para outr@s alumn@s decidimos donalos á Biblioteca do centro e así darlles a oportunidade de aprender xogando e de xogar aprendendo como fixemos nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario