Nós, o alumnado de 5º e 6º curso, decidimos investigar ao longo do curso sobre algúns animais que nos parecían "raros".
En 5º curso centrámonos en animais vertebrados como a Pomba de Nicobar, o Mola Mola, o Delfín Rosa, o Peixe Xeo ou o Tiburón Duende. En 6º interesámonos por invertebrados como por exemplo o Porco de mar, o Verme Pompeia, a Mantis Orquídea, o Polbo Dumbo ou a Formiga Panda. Cada alumn@ investigou sobre o becho que lle tocou en sorte e seguimos as pautas recomendadas na WebQuest.
Buscamos información na Internet, na Biblioteca do centro e nas bibliotecas das nosas casas.
Cos datos obtidos elaboramos unha ficha co nome común, o nome científico, clasificación, dimensións, peso, descrición, distribución xeográfica, función de nutrición e función de reprodución.
Con todas as fichas preparamos unha presentación audiovisual e elaboramos o libro que titulamos "INVENTARIO DE BECHOS RAROS". A versión en papel quedou na Biblioteca do centro.
A versión dixital é a que vos presentamos a continuación.
Esperamos que gocedes dun bo rato botándolle un ollo.
Cos datos obtidos elaboramos unha ficha co nome común, o nome científico, clasificación, dimensións, peso, descrición, distribución xeográfica, función de nutrición e función de reprodución.
Con todas as fichas preparamos unha presentación audiovisual e elaboramos o libro que titulamos "INVENTARIO DE BECHOS RAROS". A versión en papel quedou na Biblioteca do centro.
Esperamos que gocedes dun bo rato botándolle un ollo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario