06/05/16

VIII PREMIO MIMI: PÁRAMO PICTURES

  O VIII Premio MIMI recaeu en PÁRAMO PICTURES, produtora independente lucense, integrada por Daniel Moreiras, María Portero e Iván Capón.
     O proxecto xurdiu no ano 2013 cando Daniel tiña que cantar coa súa orquestra Costa Dorada a canción do Gangnam Style, que eles titularon Eu vou estalar e animáronse a facer unha curta para pasalo ben.
    Gustoulles a experiencia e continuaron facendo versións en galego de temas pop coñecidos internacionalmente como Bertolina (a Adrenalina galega), con máis de 1.800.000 visitas en YouTube, Depucheiro (O Nespresso galego), En fin de ano non mates, Os Teletibus. . . Tamén fixeron colaboracións como no programa LAND ROBER co tema Soplando
   Ademais, produciron a web serie Veciños, que participa este ano na sección oficial do famoso festival Carballo Interplay.
     Como curiosidade, dicir que o mesmo día no que quedaron proclamados Premio MIMI, deron a coñecer a súa última parodia, Préndeme o boi que, en tan só dous días, conta xa con máis de 117.000 visualizacións. Impresionante !

     MOITOS PARABÉNS !

    Si premes na imaxe, poderás acceder ao blog da biblioteca e saber máis sobre como foi o desenvolvemento da proclamación das candidaturas, votacións e reconto de votos. Toda unha experiencia de auténtica cidadanía !

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/05/na-viii-edicion-ganou.html




Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS