Integrado no noso proxecto BARRRO.COM, @s chic@s de 6º desenvolvimos onte o obradoiro `Quen vive aí?´ impartido por María, mestra do equipo didáctico do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), dentro do Plan Revitaliza da Deputación Provincial de Pontevedra.
O obxectivo principal consistía en identificar os diferentes invertebrados que hai no composteiro (anélidos, insectos, arácnidos . . . ) así como coñecer a súa imprescindible labor na elaboración do compost.
Para iso, María viña ben provista con todos os materiais que precisabamos (mostras diferentes de compost, coladores, lupas de diferentes aumentos, microscopios, pinzas, pinceis, botes, bandexas, fichas de observación e identificación dos invertebrados do compost . . .).
A actividade atrapou completamente a nosa atención. Canta vida hai no compost ! Cochinillas, bichos bola, arañas, cadelas de frade, formigas, colémbolos, milpés, miñocas, pseudoescorpións . . .
Un obradoiro súper, súper interesante !
MOITÍSIMAS GRAZAS, MARÍA ! ! !
No blog da Biblioteca podedes ver un vídeo resumo de todas as actividades didácticas do CEIDA desenvolvidas no colexio ao longo desta semana:
Ningún comentario:
Publicar un comentario