08/05/17

EXPOSICIÓN "DE PONTEVEDRA A RÍO 2016" E CHARLA SOBRE FAIR PLAY

     No marco das "II Xornadas Barro C.F." o  pasado mércores, 3 de maio, @s alumn@s de 5º e 6º achegámonos ata o Concello. Alí recibiunos o alcalde, Xosé Manuel F. Abraldes, e José Sanmartín, tenente de alcalde e Presidente do Barro C.F. para darmos a benvida á exposición fotográfica "De Pontevedra a Río 2016". Esta exposición consta dunha serie de cartaces cedidos pola Deputación de Pontevedra e é unha homenaxe @s deportistas olímpicos e paralímpicos da provincia de Pontevedra que participaron nos Xogos de Río de Janeiro. 

     O noso profesor de Educación Física, José Luís, deunos unha ficha na que tiñamos que contestar unha serie de cuestións relacionadas coa Olimpiada de Río 2016. Prestamos moita atención para coñecer aos nosos representantes da provincia de Pontevedra.

    Logo, asistimos a un encontro sobre Fair Play (xogo limpo) no que, ademais de Sanmartín, estiveron presentes Jaime Otero (Delegado de Pontevedra da Federación Galega de Fútbol) e Daniel Montoto (árbitro).


    Partindo do visionamento dun vídeo no que se recollían escenas de diferentes situacións deportivas, iamos reflexionando sobre o Fair Play, tomando conciencia dos comportamentos asociados ao xogo limpo tales como:
  • Ser leal e sincer@.
  • Axudar @s demais.
  • Saber perder e saber gañar.
  • Consolar @s que perden.
  • Dar máis valor ao compañeirismo e solidariedade que á competitividade.
  • Esforzarse moito e dar o mellor de si mesm@s aínda que non gañemos. 
  • Respectar tanto @s compañeir@s como @s contrincantes.
  • Evitar problemas e polémicas.


    UNHA SAÍDA MOI INTERESANTE ! 

MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! !


Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS