13/05/17

NAVEGA CON RUMBO

     O pasado martes 9 de maio, @s alumn@s de 4º, 5º e 6º asistimos á charla NAVEGA CON RUMBO impartida na nosa Biblioteca por Felipe Martínez Hermo, que viña do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia).

     Internet é un mundo cheo de posibilidades para aprender, divertirmos e comunicarmos, pero hai que usar esas posibilidades con prudencia e, sobre todo, con moito sentido común. Non é máis perigoso ca un coche, un martelo ou un lapis. Coma en todo, a clave está en pensar ben antes de actuar.


     As RRSS (Redes Sociais) son as rúas de Internet e agochan perigos coma:
  • Perda de privacidade.
  • Acoso (coñecid@s).
  • Grooming (descoñecid@s).
  • Illamento.
  • Fraude e estafas.
  • Información falsa.
     O móbil é a nosa "casa dixital" e debe estar ben protexido. É privado e é portable, polo que podémolo perder. Hai que dosificar o seu uso, sendo os 12 anos a idade mínima recomendable para telo. 


     Felipe falounos, tamén, dunhas actitudes básicas para navegar seguros:
  • Ter coidado co que publicamos (construcción da identidade dixital).
  • Lista de contactos restrinxida.
  • Comentar os nosos contactos c@s nos|@s pais e nais.
  • Configurar privacidade.
  • Cámara web só con persoas de confianza.
  • Non contactar con xente que non coñecemos na vida real.
     Logo, Felipe puxo un vídeo no que unha moza se atopa na rúa cun descoñecido que simula adivinar a súa vida botándolle as cartas cando a realidade é que sabe todo polo facebook.

     O tema interesounos tanto que, ao final da charla, fixemos unha chea de preguntas e Felipe contestou amablemente a todas.


     A modo de conclusión, podemos dicir que o mundo virtual e o mundo real non son dous mundos separados; son dúas caras dunha mesma moeda na que rexen os mesmos valores como:
  • Non insultar.
  • Escribir con corrección e respecto. 
  • Non facermos pasar por outr@s.
  • Axudar a familiares e amig@s (situacións de acoso, illamento . . .).

UNHA CHARLA TAN IMPORTANTE COMO INTERESANTE ! ! !

MOITÍSIMAS GRAZAS, FELIPE ! ! !

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS