O venres 26 de maio @s alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º achegámonos ata a Biblioteca Pública para asistir á función TI TAMÉN CONTAS de A Tropa de Trapo, compañía integrada por Brais das Hortas e Marta Ortiz.
O espectáculo, presentado por Isabel Álvarez, Traballadora Social do Concello, vén promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade do que é socio o Concello de Barro.
O home feliz, A pelota e Tumbé son os títulos das tres historias que contaron Marta e Brais cunha posta en escena na que non faltou a música, o xogo, o humor, a participación nin, por suposto, a reflexión.
Dun xeito interactivo tratáronse temas tan importantes como:
- A felicidade: Non se necesitan moitas cousas para ser feliz.
- O traballo infantil e a explotación: Debemos fixarmos nas etiquetas dos produtos que mercamos porque hai moitas cousas que se fabrican en condicións de explotación, inclusive elaboradas por nen@s que, en lugar de traballaren, tiñan que estar na escola ou xogando.
- Colaborar para construírmos, entre tod@s, un mundo mellor: Formado por persoas que se relacionan entre si con respecto, igualdade e liberdade, dispostas a axudar, a cooperar e a aportar o seu gran de area. Porque tod@s contamos. Ti tamén.
Premendo no seguinte enlace, veredes no blog da nosa Biblioteca un vídeo chulísimo do espectáculo:
MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! !
Ningún comentario:
Publicar un comentario