O día 9 de xuño @s alumn@s de 6º presentamos na Nave da Música do Concello o proxecto BARRRO.COM que desenvolvemos ao longo do curso, centrado nos 3 ERRES (Reducir, Reciclar, Reutilizar) e na COMpostaxe. Este traballo enmárcase no PDI (Proxecto Documental Integrado) "BARRRO" que MIMI, a mascota da nosa Biblioteca, presentou na conmemoración do Día da Ciencia en Galego.
Ao acto asistiu alumnado e profesorado do colexio e do IES, José Sanmartín (tenente de alcalde e concelleiro de Servizos e Obras), Quique Pintos (mestre composteiro de Barro), Manuel Fariña (apoio técnico) e familiares nosos.
Este foi o power point que utilizamos na presentación:
Como colofón do acto, o grupo musical "A GALLOFA DO IES E CEIP DE BARRO", integrado por chic@s do instituto máis nós, interpretou en vivo e directo a cantiga orixinal "Reciclar é xenial".
Repartimos, tamén, folletos informativos sobre as cuestións básicas da compostaxe entre toda a comunidade educativa do Concello (colexio e IES). Podedes acceder á súa versión dixital neste mesmo blog, na entrada anterior.
Por cortesía do Concello, instalouse no fondo da Nave da Música un posto do "Plan Revitaliza. Apúntate á Compostaxe" da Deputación Provincial de Pontevedra, e José Sanmartín e Quique Pintos agasallaron á saída cunhas bolsiñas de compost.
Moitas foron as persoas e entidades que colaboraron con nós para desenvolver este proxecto. Reiteramos os nosos agradecementos a todas elas:
- Concello de Barro, Deputación de Pontevedra, CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), Amigos da Terra, Urbaser, Voz Natura.
- Alumnado e profesorado do IES e CEIP Amor Ruibal de Barro.
- E, por suposto, ás nosas familias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario