22/09/17

HOXE É O EQUINOCIO DE OUTONO

Xa que nas aulas de 5º andamos a estudar o universo, deixámosvos unhas curiosidades sobre a data de hoxe.

O outono astronómico comezará no hemisferio norte hoxe venres 22 de setembro ás 22:02 h.
A partires de hoxe, os días serán maís curtos e as noites máis longas e a nova estación estenderase ao longo de 89 días e 20 horas, ata o 21 de decembro, data na que comezará o inverno.

Pero que é o equinocio?
É o momento do ano no que os raios do Sol son totalmente perpendiculares (90 grados) ao eixe de rotación do noso planeta. Neste día, a duración do día e da noite é exactamente igual. Por iso empregamos o termo latino equinoccio que significa noite igual.



Cando ocorre?
Este fenómeno ten lugar dúas veces ao ano: na primavera (entre o 19 e o 21 de marzo) e no outono (entre o 22 e o 23 de setembro).
No hemisferio sur sucede o cambio de estación contrario ao noso, é dicir, en marzo comeza o outono e en setembro a primavera.

Que poderemos ver no ceo?
Segundo o Observatorio Astronómico Nacional no ceo poderemos ver aos planetas Marte, Venus, Xúpiter e Saturno; observaremos chuvias de estrelas como as das dracónidas, as leónidas e as gemínidas; a Lúa chea aparecerá en tres ocasións (as noites do 5 de outubro, o 4 de novembro e o 3 de decembro) e non se prevé ningún eclipse.

BENVIDA A NOVA ESTACIÓN E AS SÚAS CORES!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS