28/01/18

DE VISITA AO CONCELLO

   O día 24 de xaneiro, todo o alumnado do centro, fomos ata o Concello de Barro, onde nos esperaban:  o alcalde, Xosé M. Fernández Abraldes, Julia Búa, Amelia Cancela e Isabel Álvarez, para entregarnos os Calendarios Saudables de 2018.

   Faláronnos da importancia de levar unha vida saudable en alimentación e deporte para estar sans e enfermar menos.
   O calendario está feito cos debuxos gañadores de nenos e nenas dos concellos de Barro, 
Cuntis, Moraña e Portas. 
   Gustounos moito o agasallo e poder ver os debuxos dos compañeiros do noso cole e doutros.

    Alumnado de 5º e 6º.




1 comentario:

VISITAS