Este curso os nenos e nenas de 5º de Primaria estamos a traballar as Ciencias dun xeito diferente.
Neste trimestre traballamos o corpo humano a través da elaboración duns lapbooks (libros de solapas) dos sentidos.
Para elo:
- Recompilamos a información necesaria para saber cales son as partes de cada sentido.
 
- Completamos un debuxo coas partes máis importantes.
 
- Explicamos cal é o órgano do corpo que lle corresponde a cada sentido.
 
- Investigamos sobre como o corpo recolle esa información do exterior e como o órgano do sentido a envía ao cerebro.
 
- E, finalmente, cada un de nós elaborou un lapbook que recolle todo este traballo.
 
ESTAMOS FEIT@S UNS E UNHAS ARTISTAS!!









Ningún comentario:
Publicar un comentario