15/06/18

VISITAMOS CORTEGADA

Data: 1 de xuño de 2018.
Destino: Illa de Cortegada.
Actividade: EXCURSIÓN FIN DE CURSOOOOOO!!

  Xa nos tardaba!. Chegou o día e alá fomos!. Saímos do cole a primeiriña hora e pronto chegamos á ría de Arousa: a Carril, porto do que partimos cara Cortegada (coordenadas 42º 37' 4.8'' N e 8º 47' 2.4'' O).
  Esta illa é a máis grande dun arquipélago enmarcado dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas, no que entrou o 13 de xuño 2002. Ten unha superficie de 2´5 km2 e dista 189m da costa. Antigamente chamaban o "Camiño do carro" a un paso que se facía por terra cando baixaba a marea e, por el, a xente chegaba camiñando ata o pobo. Din que aínda hoxe é por onde aproveitan pasar os xabaríns que baixan do monte para ir ata a illa alimentarse.
   Cortegada estivo habitada ata  1907, ano no que foi donada ao rei Alfonso XIII para facer unha residencia de verán, que non se chegou a construir e quedou como coto de caza privado do monarca.
   Tras varios procesos de expropiación, venta e plans varios para a illa, foi finalmente incluida dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas e así, espazo protexido. Hoxe é o maior bosque de laurisilva de Europa e unha das escasas illas verdes, polo que se gaña o nome de Bosque flotante.
   Fomos a Cortegada nunhas lanchas moi rápidas e unha vez alí puidemos ver as ruinas do pobo, dunha igrexa con cruceiro e escoitar moitos paxaros distintos.
   Camiñando polo seu bosque tamén atopamos algún resto de ósos de animal e unha árbore "comepedras", da que unha monitora nos contou a súa lenda.
   Merendamos, xogamos, paseamos, comemos e bañámonos ao longo da xornada. Houbo tempo para todo antes de ter que embarcar cara Carril e coller o autobús de volta ao colexio.
   Foi un gran día para rematar o curso e, os nenos e nenas de 6º, despedirnos do centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS