03/03/20

AS MÁXICAS PERSOAS DO NOSO CONCELLO

Con motivo do noso proxecto, viñeron ao cole unha representación das grandes persoas que viven nas seis parroquias de Barro. Faláronnos sobre as marabillas dos seus lugares de procedencia e sobre as súas voacións: a linguaxe universal da música e o doce son da frauta, a gran labor das docentes e dos docentes, a importancia de coidar os bosques e os animais, como se imaxinan e crean as esculturas e, mesmamente, sobre as non tan coñecidas variedades de uvas de Barro!

Ademais de todo isto, as mozas e mozos de 5º gardaremos sempre no noso corazón a grande ensinanza que nos destes:

o importante na vida é dedicarnos ao que nos gusta. 



Moitísimas grazas Adrián Silva, Ana Cadavid, Gerino Calvo, Fernando Chao, Fran Remiseiro e Roberto Rivas por virdes!!!

 Verdadeiramente sodes unhas persoas máxicas!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS