Este curso, para conmemorar o Día Escolar da Paz e da Non Violencia, nas aulas de 5º e 6º de Primaria fixemos un intercambio postal.
Recollendo a proposta dos Equipos da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do cole, os 63 alumnos e alumnas destes cursos máis Mimi, a mascota da nosa biblioteca, foron os destinatarios das "Cartas pola Paz" nas que cada alumno e alumna expresaba coas súas palabras a importancia de celebrar esta conmemoración.
O buzón para recoller todas as cartas do alumnado fixérono na materia de Valores da aula de 6º curso e situouse na nosa biblioteca, formando parte da exposición adicada a esta conmemoración.
E alí fomos facer o noso envío.
A Covid-19 mudou os nosos costumes, pero non nos quitou as ganas de participar nestas conmemoracións tan especiais e todo o alumnado destes cursos recibiu a súa agardada e sentida resposta pola paz neste bonito intercambio postal.
Fíxonos moita ilusión recibir as vosas cartas!!
Moitas grazas pola vosa participación!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario