Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, que se celebra o 24 de febreiro, o alumnado de 6º curso fíxolle unha pequena homenaxe. Para iso, decorou o colexio co poema "Nasín cando as prantas nasen", poema recollido na súa importante obra Cantares Gallegos, e debuxou e pintou unhas fermosas siluetas da poetisa.
Parabéns a estes rapaces e rapazas polo seu entusiasmo, o seu formidable traballo en grupo e polos seus marabilllosos resultados!
Feliz Día de Rosalía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario