Dende o primeiro trimestre, o alumnado de 5º de Primaria está participando na MISIÓN ALBA, un proxecto do centro científico Sincrotón ALBA, situado preto de Barcelona.
O Sincrotón ALBA é un centro no que se crea luz de Sincrotón, empregada para moitas investigacións científicas como o desenvolvemento de novos materiais, a loita contra diversas enfermidades e a creación de novos alimentos.
A MISIÓN ALBA é o proxecto de colaboración das persoas científicas cos centros escolares de todo o estado. Elas propoñen unha serie de desafíos científicos de experimentación con diferentes fontes de luz para comprobar as propiedades da materia e, de paso, axudar a construír novas vocacións científicas!
Todas as actividades seguen o método científico e, incluso, están dispoñibles en todos os idiomas do estado. O alumnado tamén dispón de videoconferencias para coñecer de primeira man a científicas e científicos relevantes así como o seu traballo.
Cada trimestre, a organización realiza un sorteo entre todos os centros escolares participantes, e o pasado mes de decembro... as nosas nenas e nenos gañaron o primeiro premio!!!
Tras unha longa espera... por fin chegou o agasallo en forma dunhas chulísimas camisetas!!!
MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!
Se queredes saber máis desta aventura científica, non tedes máis que visitar a páxina do proxecto no seguinte enderezo: https://www.misionalba.es/gl
Ningún comentario:
Publicar un comentario