O ALUMNADO DE 5º E.P. DA MATERIA DE PROXECTO COMPETENCIAL, LEVA TRABALLANDO UNS MESES NUN PROXECTO MOI BONITO SOBRE OS XOGOS NON OLÍMPICOS QUE SE TITULA "OLIMPIA, NON XOGAS?".
O ALUMNADO INVESTIGOU SOBRE OS INICIOS DOS XOGOS OLÍMPICOS, DOS SÍMBOLOS DAS OLIMPIADAS, QUE DEPORTES SE CONSIDERAN OLÍMPICOS E CALES NON... E, CENTRÁNDONOS NESTES ÚLTIMOS, BUSCARON INFORMACIÓN DE CALES ERAN OS MOTIVOS QUE OS LEVABAN A ESTAR FÓRA DAS OLIMPIADAS POÑÉNDOSE EN CONTACTO, INCLUSO, POR CORREO POSTAL, CON DISTINTAS FEDERACIÓNS PARA QUE LLES CONCRETARAN MÁIS OS MOTIVOS DE NON SER CONSIDERADOS OLÍMPICOS . E...
O XOVES PASADO, JUAN MIGUEL, DA FEDERACIÓN GALEGA DE RUGBY, TIVO A XENTILEZA DE VIR AO NOSO COLE A EXPLICARNOS PORQUE O RUGBY NON SE CONSIDERABA OLÍMPICO (AGORA HAI UNHA MODALIDADE QUE SI O É). TAMÉN FALOU DESTE MARABILLOSO DEPORTE QUE REÚNE VALORES TAN IMPORTANTES COMO O CAMPAÑERISMO, O RESPECTO E A SOLIDARIEDADE, ENTRE OUTROS.
E QUE XENEROSO FOI JUAN MIGUEL CON NÓS QUE NOS TROUXO UN VIDEO DE DÚAS XOGADORAS (VANESA RIAL E PAULA MEDÍN) DA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE RUGBY 7 QUE, ADEMAIS, SON GALEGAS E COMPETIRON NOS XOGOS OLÍMPICOS DE RÍO DE JANEIRO NO 2016.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTOS DA SESIÓN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario