O alumnado do CEIP Amor Ruibal, xunto coa corporación municipal do Concello de Barro, ANPA e todas aquelas persoas que se achegaron ao lugar, fixemos un acto lembrando o “Día Contra a violencia machista contra a muller”, que se conmemorou o 25 de novembro.
Alí expuxemos o noso malestar sobre o tema con frases de repulsa en contra desta violencia que remata coas vidas de tantas mulleres en Galicia e en todo o mundo. Tamén plasmamos ditas frases nun mural.
Aquí vos deixamos unha mostra do acto, que rematou cunha coreografía bailada por todos e todas alí presentes.
Gracias a todas e todos por asistir e manifestar así o rexeitamento da violencia en todas as súas formas.
Alumnado de 5º e 6º de primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario