29/05/14

SAÍDA Á CORUÑA

O venres 23 de maio @s alumn@s do 3º ciclo fomos á Coruña acompañad@s polas nosas titoras Nita, Claudia e Luz. Ao chegarmos aló o primeiro que fixemos foi merendar para poñer a punto as neuronas e aproveitar ao máximo a visita. Logo entramos no MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia Y Tecnología). 


Dividíronnos en dous grupos e, en cada grupo, guiado por unha monitora, fixemos equipos para contestar por escrito a unha serie de cuestións relacionadas coas distintas salas polas que iamos pasar: Patrimonio, Maiúsculas, Miscelánea, Iberia e Século XX. Escoitamos aos robots Marilú e Pepexán, vimos o primeiro ordenador que houbo en España, un reloxo de sol nunha copa, un acelerador de partículas construído en España, a placa do primeiro superordenador, un Citroën 5CV, a primeira linterna óptica da Torre de Hércules . . . Na sala Iberia probamos os cómodos asentos de clase business do avión Lope de Vega que foi famoso por traer de volta a España o Guernica de Picasso. Mi madriña !!! Que comodidade !!! Os asentos, ademais de teléfono, pantalla para ver películas, bandexa para comer . . . tiñan reposapés plegables e todo !!! 

Despois de tanta actividade había que repor enerxía e xantamos no comedor do MUNCYT que xa tiñamos reservado para nós. Como quedou moi boa tarde, decidimos facer a dixestión dando un paseíño por Riazor ata a nosa seguinte parada: O DOMUS ou CASA DO HOME. 





É un museo interactivo onde se pode tocar, medir, pesar, probar. . . unha chea de cousas relacionadas todas co ser humano: Xenética, Reproducción, Sentidos, Corazón, Sistema Circulatorio, Sistema Locomotor, Articulacións. . . Ata había unha proxección dun parto e todo!!! Brrrrr . . . Pero así é a vida, así é cómo vimos ao mundo. E nunha sala escura vimos dous bebés siameses unidos pola cabeza e polo peito !!! Que cousas !!! 

Unha actividade que gustou moito foi probar a potencia do chute tirando un balón á portería. E fixemos unhas fotos c@s nos@s antepasad@s "A familia presumida". Que guap@s !!!






A media tarde voltou a fame a ruxir nas barrigolas e fomos merendar preto da Torre de Hércules, comodamente sentados nuns bancos. E xogamos ao pilla pilla, e corremos, e saltamos, e rimos, e cantamos. Cantas cousas fixemos !!! Cantas cousas aprendimos !!! Que ben o pasamos !!! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS