Hoxe queremos compartir con tod@s vós unha mostra fotográfica do noso encontro con SÉS. Foi superemocionante.
O primeiro que ides ver son os cartaces cos que adornamos o escenario. Ollo que o dos barcos montámolo cos debuxos que fixeron @s peques de Infantil. Menud@s artistas !!!
Logo atoparedes fotos do acto da entrega do premio MIMI a SÉS que, como sabedes, é unha preciosa réplica en madeira da nosa mascota tallada por Fran Rodríguez Remiseiro.
E, co festeir@s que somos, non podía faltar a música. Gozamos co CANTO AQUÍ, CANTO NA HABANA (sabiámola de pe a pa), e coreamos LABREGHA BERGHANTIÑANA que nos aprendeu SÉS, porque é a que canta c@s amig@s cando está de festa e é moi fácil e moi divertida. Ademais, adicounos unha estrofa que di: Pontevedra ten a sona de cantar e bailar ben.
Ela si que canta ben !!! Nótase que lle gusta moito. E tamén estudar !!!! Dixo que aínda que é maior, sigue estudando para que non se lle oxide a cabeza. Pois nós faremos o mesmo: bailaremos, cantaremos, xogaremos c@s amig@s pero tamén estudaremos moito moito moitoooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo
Foi un pracer coñecerte SÉS !!!
Unha vez máis: Un millón de grazas e unha morea de bicos por todo e por tanto !!! Tamén polas sesións fotográficas con todos os cursos, inclusive @s alumn@s de 3º da ESO do Instituto que foron @s que lle suxeriron ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega a túa candidatura.
E si: Seguiremos aprendendo e seguiremos gozando; aprenderemos gozando e gozaremos aprendendo !!!
(Se picades na primeira foto accederedes á galería fotográfica en pantalla grande)
Ningún comentario:
Publicar un comentario