29/12/14

INVESTIGAMOS A OBRA DE MANOLO RUIBAL

     No mes de novembro, @s alumn@s do 3º ciclo investigamos sobre a vida e a obra do xenial artista da nosa terra MANOLO RUIBAL. Buceamos en internet pero, sobre todo, no material que el mesmo cedeu xenerosamente para a biblioteca do colexio ao aceptar a invitación que lle fixemos para que nos visitase en decembro. O material consiste nos seguintes libros e Dvd´s:

      Libros:
  • Trazos de una historia
  • Um processo de depuraÇao
  • Pura Pintura 1963/2009
  • Campo de estrelas
     Dvd´s:
  • Pura Pintura 1963/2009
  • El rastro de la luz
  • La fauna en la obra de Ruibal
     
     Logo de estudar as súas etapas, @s alumn@s de 6º fixámonos nos seus óleos que levan por título El bosque iluminado La Lanzada e escribimos o que nos suxerían:


EL BOSQUE ILUMINADO (1966)

Percibo un olor refrescante a sueño de primavera que provoca cosquillas en la nariz.
Aroma fragante de hojas tiernas machacadas.
Aroma concentrado de invernadero, sofocante por sus diferencias. Marearía en recinto cerrado, sin ventilación.
Olor dulzón como manzana de caramelo, que te lleva a los días de fiesta.
Embriagador, por la mezcla; tienda de fragancias penetrantes.
Hay un perfume penetrante a lavanda, mar violeta que difumina malos pensamientos.
Estimula los sentidos. Provoca hormigueo en la piel, deseos de reír.
Tendría sabor a revuelto de setas: concentrado de musgo y humedad.
También sabor afrutado a macedonia: acidez, dulzor, amargo, a pomelo verde… jugoso.
Apetitoso. A frutos secos.



LA LANZADA (1975)

Escoito o son atronador das ondas batendo contra as rochas. Son lategazos do mar, palmadas de xigante.
O eco das ondas ao lonxe, como pelexando entre elas, é impactante. Semella tronos nas noites de inverno.
Hai estrondo de batalla entre a terra e o mar. Fan sentir medo por quen poida estar en perigo.
O deus Eolo está enfadado.
Mais cerca da praia, asubía o vento que empuxa a auga ata a beira e fai voar areas con son susurrante. É música suave. O deus Eolo cántalle unha nana á terra.
Toco as pedras duras, ásperas, rugosas e punzantes, nais protectoras de mexillóns e pólipos pegados a elas.
Hai algas viscosas, cadeas tolas, como serpes xelatinosas, desorientadas, que amarran como cordas pegañentas.
Salfírenme as pingas de auga fría, salgada.
Prodúcenme calafríos, repelús. Sorpresa húmida, “jacuzzi” xigante de escuma masaxeadora.
Envólveme un aire xélido como manta de xiada.


                            Tamén pintamos os nosos bosques e outros cadros:





     E tod@s @s chic@s de 5º e 6º despregamos a nosa creatividade pintando pedras e modelando arxila. Foi unha experiencia marabillosa e quedamos moi satisfeit@s co resultado:









Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS