O venres 15 de maio tivemos unha sesión de música especial a cargo do mestre Andrés Lorenzo, director do Grupo de Danzas Foklórico Amor Ruibal. Este grupo fundouse hai 33 anos no noso colexio a partires dunha actividade programada pola ANPA de entonces. Andrés veu acompañado de Gonzalo Negreiro, que pertence ao grupo dende os seus comezos. Tamén estivo Nerea Búa (exalumna do centro) e Sonia Martínez, a súa nai, que levan no sangue a paixón pola música tradicional.
Andrés presentounos a evolución dos instrumentos galegos ao longo do tempo, dende a Antigüidade ata a actualidade: materiais empregados na súa construción, formas, tamaños, xeitos de tocalos e ritmos coma muiñeiras, xotas, pandeiradas ou valses.
Pandeiros, pandeiretas, tambores, tamboriles, caixas, bombos, gaitas, frautas, cunchas, latas, acordeón, clarinete e outros instrumentos foráneos foron desfilando diante dos nosos ollos guiados polo son do mestre que ía explicando e tocando un por un. Incluso, ao final, tocou cunha gaita feita por el mesmo, acompañado por Nerea (pandeireta), Gonzalo (tamboril) e os nosos compañeiros Álvaro e Manuel (bombos).
¡ ¡ ¡ Unha auténtica marabilla ! ! ! ¡ ¡ ¡ Non perdemos detalle ! ! !
¡ ¡ ¡ Moitísimas grazas ! ! !
Ningún comentario:
Publicar un comentario