19/05/15

VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA

     O día 8 de maio @s alumn@s de 6º saímos do noso colexio ás 9:20 da mañá para visitar algunhas das salas do Museo de Pontevedra, concretamente as dedicadas a Arte Moderna.
     Coma en todas as saídas, pasámolo ben na viaxe cantando, falando entre nós, xogando . . .
    Chegamos un pouco cedo (non abren ata as 10) e aproveitamos para observar desde o exterior o conxunto de edificios que compoñen o Museo.
    Cando xa puidemos entrar, recibiunos unha guía e 4 axudantes que nos acompañaron para explicarnos cousas importantes e aclararnos dúbidas.
      Déronnos unha ficha con varias preguntas para poder contestar. Para iso tiñamos que observar con atención os cadros expostos. 
    Visitamos 5 salas de pintura e escultura contemporánea e sorprendeunos atopar algunha obra que xa coñeciamos por tela traballado na escola ou por coñecer ao autor.





     Analizamos coloridos, formas, texturas . . . en artistas como Arturo Souto, Manuel Colmeiro, Elena Colmeiro, Laxeiro, Luís Seoane, Eugenio Granell, Leopoldo Novoa, Francisco Leiro, Manuel Ruibal, Masside . . . 
   Coñecemos palabras como fauvismo, expresionismo, cubismo, surrealismo, arte abwstracto, técnicas mixtas, collage . . . 
     Despois desta forte dose de arte, visitamos a exposición temporal dedicada ao homenaxeado este ano no día das Letras Galegas, o profesor Filgueira Valverde. Coñecemos algo máis da súa vida e das súas numerosas achegas á cultura galega en xeral.


     Obsequiáronnos cun folleto a cada un e un lote de libros para a biblioteca do noso colexio.
    A continuación, aproveitamos o tempo para merendar e seguir disfrutando de arte, esta vez ao aire libre, un pouco húmido, pero agradable na Illa das Esculturas.



     Buscamos a saída no "Labirinto". Lemos as distintas palabras ata chegar ao "Cerebro". Subimos aos troncos de pedra camuflados entre os auténticos troncos das árbores. 


     Admiramos as orixinais esculturas que atopamos ao longo do camiño.


     Apeteceunos descansar no "Salón", aboiando nas augas do Lérez pero iso quedou só en desexo; paseamos e corremos á beira do río e escribimos, para recordar, algunha frase que nos impresionou das moitas gravadas nos bancos de pedra. Por exemplo:
  • "Escoita cando o teu corpo che fala".
  • "A cierta edad los ideales son reemplazados por metas".
  • "Aprende las cosas desde la raíz".
  • "Ignorar al enemigo es la mejor manera de pelear".
  • "El amor romántico se inventó para manipular a las mujeres".
     Regresamos ao noso colexio un pouco máis compañeir@s e un pouco máis sabi@s do que eramos antes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS