O grupo "OS DA RÍA", ideado por Carlos Meixide e Tomás Lijó, e musicado por Suso Alonso, Xabier Olite, Ramón Reynolds e Roi Fernández, resultou gañador do VII Premio MIMI.
A candidatura foi proposta pola Real Academia Galega porque, como nos escribiu o seu Presidente, D. Xesús Alonso Montero,"levan anos defendendo enriba dos escenarios a lingua e a cultura galegas como ferramenta de expresión cultural e festeira do pobo galego".
PARABÉNS a "OS DA RÍA" e o noso sincero agradecemento á Real Academia Galega pola súa continuada e inestimable colaboración ao longo dos sete cursos de vida deste proxecto.
Grazas tamén aos que fixeron as súas achegas para a presente edición: Asociación Cultural Barosa, IES de Barro, Obradoiro Río Umia e o blogue Novas de Barro.
Grazas tamén aos que fixeron as súas achegas para a presente edición: Asociación Cultural Barosa, IES de Barro, Obradoiro Río Umia e o blogue Novas de Barro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario